Ribera d'Ebre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización da comarca en Cataluña.
Ponte sobre o Ebro en Móra d'Ebre.

A Ribera d'Ebre é unha comarca da provincia de Tarragona, no suroeste de Cataluña. A súa capital é Móra d'Ebre. En 2009 tiña 24.004 habitantes.

A comarca limita ao norte co Segrià e as Garrigues, ao leste co Priorat e o Baix Camp, polo sur co Baix Ebre, e polo oeste coa Terra Alta e a comarca aragonesa do Matarraña.

Concellos[editar | editar a fonte]

Actualmente a comarca está formada por 14 concellos.

Concello Poboación
(hab.)
Ascó 1.616
Benissanet 1.249
Flix 4.006
Garcia 553
Ginestar 1.052
Miravet 795
Móra d'Ebre 5.232
Móra la Nova 3.189
La Palma d'Ebre 421
Rasquera 934
Riba-roja d'Ebre 1.332
Tivissa 1.781
La Torre de l'Espanyol 681
Vinebre 478


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ribera d'Ebre