Reynaldo Bignone

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Reynaldo Benito Antonio Bignone Ramayón
RBignone.jpg
presidente de (país): Flag of Argentina.svg Arxentina
Período de goberno: 2 de xullo de 1982 - 9 de decembro de 1983
Predecesor: Leopoldo Galtieri
Sucesor: Raúl Alfonsín
Nado en: 21 de xaneiro de 1928
Lugar de nacemento: Morón, Provincia de Buenos Aires, Arxentina
Profesión: militar (xeneral)
Partido politico ningún

Reynaldo Benito Antonio Bignone Ramayón, militar (xeneral) n. o 1928, foi o presidente de Arxentina entre 1982 e 1983.

Bignone tornouse líder do país despois de que o ex-presidente Leopoldo Galtieri deixou o poder tras a derrota da Arxentina ante o Reino Unido na Guerra das Malvinas. O seu goberno tivo curta duración: a derrota na guerra e o crecente descontentamento da poboación demostrado en manifestacións indicaban que o retorno á democracia era inevitábel. Non obstante, o xeneral Bignone tentou condicionar o retorno á democracia a un límite nas investigacións de violacións de dereitos humanos durante o réxime militar de 1976 a 1983 e a chamada "Guerra Sucia". Esta proposta foi rexeitada polos partidos políticos arxentinos, e a investigación e xuízo dos militares comezou no goberno de Raúl Alfonsín, xa en 1983.

En 1999, despois de reaberto o xuízo de casos de apropiación ilegal de fillos de prisioneiros políticos, Bignone foi novamente enviado a xuízo. En marzo de 2007 foi preso e posto baixo custodia nunha base militar fora de Buenos Aires como parte da investigación sobre abusos contra os dereitos humanos.

Presidente de Arxentina

Segue a:
Leopoldo Galtieri
Reynaldo Bignone
Precede a:
Raúl Alfonsín
sen partido (militar)