Rey Mysterio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRey Mysterio

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Óscar Gutiérrez Editar o valor em Wikidata
11 de decembro de 1974 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
San Diego, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSan Diego
California Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoMexicanos americanos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónMontgomery High School, San Diego (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura162 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónloitador profesional Editar o valor em Wikidata
Período de actividade30 de abril de 1989 Editar o valor em Wikidata -
LinguaInglés estadounidense e Castelán mexicano Editar o valor em Wikidata
Deportewrestling profissional (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AdestradorRey Misterio, Sr. (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosDominik Mysterio (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesRey Misterio, Sr. (pt) Traducir (tío)
El Hijo de Rey Misterio (en) Traducir () Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webreymysterio.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0347595 TV.com: people/oscar-gutierrez-gonzales
Twitter: reymysterio Instagram: mr619er Musicbrainz: c5da35ca-34c3-48c1-a192-08c5b39ffc00 Discogs: 3090264 Editar o valor em Wikidata
Rey Mysterio

Óscar Gutiérrez Rubio, nado en Chula Vista (California) o 11 de decembro de 1974, e máis coñecido no ring como Rey Mysterio, é un loitador profesional estadounidense que traballa na marca SmackDown! de World Wrestling Entertainment (WWE).

Rey Mysterio é coñecido internacionalmente polo seu estilo de loita aérea e por empezar a revolución do peso cruceiro nos Estados Unidos na década de 1990, a súa época dentro da empresa de loita chamada World Championship Wrestling (WCW) aínda que empezou a súa carreira nos EUA na empresa Extreme Championship Wrestling (ECW).

A perda da Máscara (WCW)[editar | editar a fonte]

No evento de "pay per view" de febreiro de 1999, SuperBrawl IX, Rey Mysterio fixo parella con Konnan para enfrontarse a Kevin Nash e Scott Hall (Os Forasteiros) nunha loita de máscara polo título, onde Mysterio e Konnan foron derrotados a causa de ser Mysterio noqueado por un "bombazo de poder" por parte de Kevin Nash. A pesar de que Mysterio perdeu a máscara, permaneceu como un dos loitadores máis populares da empresa.

Mysterio despois converteríase nun "mataxigantes", logo de derrotar varios loitadores grandes como Kevin Nash, Bam Bam Bigelow, The Giant e Scott Norton. Logo faría parella con Billy Kidman e se unirían ao grupo Master P's No Limit Soldiers. Despois de que Master P's desapareceu da WCW, formouse un novo grupo coñecido como Filthy Animals, conformado por Eddie Guerrero, Konnan e Rey Mysterio.

World Championship Wrestling (WCW)[editar | editar a fonte]

Rey Mysterio, Jr. ingresou a empresa de loita World Championship Wrestling (WCW) onde empezou a gañar fama no ano de 1996. Foi o estandarte da nova Revolucion Pesocrucero nos EUA. Mudou o seu nome artístico por última vez a Rey Mysterio. en WCW Rey Mysterio tivo loitas moi famosas co Último Dragón, Dean Malenko, Psicosis, Eddie Guerrero e Juventud Guerrera. Co tempo, Rey Mysterio gañou o Campionato do Peso Cruceiro da WCW 5 veces.