Reyðarfjörður

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Reyðarfjörður (fiorde), Islandia.

Reyðarfjörður é unha vila situada en Islandia. Está emprazada nun dos fiordes máis grandes da costa oriental islandesa, do que toma o seu nome.

Poboación[editar | editar a fonte]

Ten aproximadamente uns 2.300 habitantes censados.

Clima[editar | editar a fonte]

Ten un clima chuvioso, con gran parte do ano cos ceos cubertos por néboas. Aínda que nos días de verán danse nesta zona temperaturas das máis altas do país.

Breve historia[editar | editar a fonte]

Fábrica de aluminio durante a súa construción, no fiorde.

Durante gran parte do século XX foi un importante porto pesqueiro da illa debido á súa boa situación e as boas condicións que aí se dan. Importante porto tamén durante a segunda guerra mundial. Foi a principios do século XXI cando sobre a cidade planearon ideas da construción dunha planta de aluminio. Esta planta foi levantada entre 2003 e 2007.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.