Rexión viñateira do Alto Douro
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
|
||
|
|
||
Paisaxes do Alto Douro |
||
| Inscrición: | 2001 | |
| País: | Portugal | |
| Localización: | 41º06'06"N 7º47'56"O | |
| Rexión: | Non dispoñible | |
| Tipo: | Non dispoñible | |
| Criterios: | C(iii) (iv) (v) | |
| Descrición UNESCO: | fr en | |
A Rexión Viñateira do Alto Douro (Região Vinhateira do Alto Douro ou Alto Douro Vinhateiro) é unha área do nordeste de Portugal de máis de 26 mil hectáreas, clasificada pola UNESCO, o 14 de decembro do 2001, como Patrimonio da Humanidade, na categoría de paisaxe cultural.
Características [editar]
Esta rexión, que está bañada polo Río Douro e forma parte do chamado Douro Vinhateiro, que produce o viño do Porto, un dos viños máis coñecidos do mundo.
A súa área total abrangue 13 municipios: Mesão Frio, Peso da Régua, Santa Marta de Penaguião, Vila Real, Vila Flor, Alijó, Sabrosa, Carrazeda de Ansiães, Torre de Moncorvo, Lamego, Armamar, Tabuaço, São João da Pesqueira e Vila Nova de Foz Côa, e representa o dez por cento da Rexión Demarcada do Douro.