Rexión de Karlsruhe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rexión de Karlsruhe
Regierungsbezirk Karlsruhe
Situación xeográfica
Localización da Rexión de Karlsruhe respecto AlemañaMapa da Rexión de Karlsruhe dentro de Baden-Württemberg
País: Alemaña Alemaña
Estado: Flag of Baden-Württemberg.svg Baden-Württemberg
Capital: Karlsruhe
Xeografía
Superficie: 6.919,17 km²
Poboación
Poboación: 2.738.866 (2008)
Densidade: 396 hab./km²
Información
Presidente: Rudolf Kühner
Sitio na web: Rexión de Karlsruhe
Principais cidades: Baden-Baden
Bruchsal
Heidelberg
Hockenheim
Mannheim
Pforzheim
Walldorf
Wiesloch

A Rexión de Karlsruhe (en alemán: Regierungsbezirk Karlsruhe) é unha das catro rexións administrativas (Regierungsbezirk) do estado de Baden-Württemberg, Alemaña, localizada ao noroeste do estado. A súa capital é a cidade de Karlsruhe.

Subdivídese en tres subrexións ou asociacións rexionais (Regionalverband): Mittlerer Oberrhein, Unterer Neckar e Nordschwarzwald.

Ten un área de 6919,17 km² e unha poboación de 2.738.866 habitantes (2008).

Xeografía[editar | editar a fonte]

A rexión de Karlsruhe atópase ao noroeste do estado de Baden-Württemberg e foi chamada até o 31 de decembro de 1972 rexión de Nordbaden.

Limita ao sur coa Rexión de Friburgo, ao oeste con Renania-Palatinado, ao norte con Hesse e ao leste coa Rexión de Stuttgart. A súa extensión e límites actuais foron definidos na reforma territorial e administrativa do 1 de xaneiro de 1973.

Kreise
(distritos)
Kreisfreie Städte
(cidades independentes)
  1. Calw
  2. Enzkreis
  3. Freudenstadt
  4. Karlsruhe
  5. Neckar-Odenwald
  6. Rastatt
  7. Rhein-Neckar
  1. Baden-Baden
  2. Heidelberg
  3. Karlsruhe
  4. Mannheim
  5. Pforzheim

Política[editar | editar a fonte]

Os presidentes da rexión de Karlsruhe, dende 1975, foron:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]