Rexión de Friburgo - Regierungsbezirk Freiburg
| Rexión de Friburgo Regierungsbezirk Freiburg |
|
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| País: | |
| Estado: | |
| Capital: | Friburgo de Brisgovia |
| Xeografía | |
| Superficie: | 9.347 km² |
| Poboación | |
| Poboación: | 2.198.354 (2008) |
| Densidade: | 235 hab./km² |
| Información | |
| Presidente: | Julian Würtenberger |
| Sitio na web: | Rexión de Friburgo |
| Principais cidades: | Constanza Mahlberg |
A Rexión de Friburgo (en alemán Regierungsbezirk Freiburg) é unha das catro rexións administrativas (Regierungsbezirk) do estado de Baden-Württemberg, Alemaña, localizada ao sudoeste do Land. A súa capital é a cidade de Friburgo de Brisgovia.
Subdivídese en tres subrexións ou asociacións rexionais (Regionalverband): Hochrhein-Bodensee, Schwarzwald-Baar-Heuberg e Südlicher Oberrhein.
Ten un área de 9.347 km² e unha poboación de 2.198.354 habitantes (2008).
Xeografía [editar]
A rexión de Friburgo atópase ao sudoeste do estado de Baden-Württemberg e foi chamada até o 31 de decembro de 1972 rexión de Suedbaden.
Limita ao sur con Suíza, ao oeste con Alsacia, ao norte coa rexión de Karlsruhe e ao leste coa rexión de Tubinga. A súa extensión e límites actuais foron definidos na reforma territorial e administrativa do 1 de xaneiro de 1973.
| Kreise (distritos) |
Kreisfreie Städte (cidades independentes) |
|---|---|
Política [editar]
Os presidentes da rexión de Friburgo, dende 1967, foron:
- 1967 - 1979: Hermann Person
- 1979 - 1991: Norbert Nothelfer
- 1991 - 1998: Conrad Schröder
- 1998 - 2008: Sven von Ungern-Sternberg
- dende 2008: Julian Würtenberger
Ligazóns externas [editar]
- Web oficial (en alemán)
|
|||||||||||||||||
|
|||||||||