Rexa excluidora de raíñas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
rexa excluidora de raíñas

A rexa excluidora de raíñas é un elemento empregado en apicultura que permite separar a cámara de cría onde a raíña realiza a posta e se crían as larvas, das alzas superiores (melarias) onde as abellas constrúen os panais de cera onde se deposita a mel. Deste xeito non se mesturan cadros de cría con cadros de mel, xa que a rexa confina á raíña á alza inferior, non permite o paso ás alzas superiores debido ao tamaño do seu abdome, pero si permite o paso das obreiras que soben para depositar mel nas alzas superiores.

O manexo deste elemento debe ser preciso porque a cámara de cría pode bloquearse con mel e a raíña non terá lugar onde pór os seus ovos. Os materiais para a construción das rexas excluidoras son variados: metálicas, de arame, ou plásticas.

Historia[editar | editar a fonte]

O principio da rexa excluidoras de raíñas foi descuberto en Francia polo abate Collin no ano 1865 (non podendo determinarse se foron construídas con arames paralelos como na actualidade ou ben mediante buracos). Consiste nun enrexado plano, con aberturas paralelas que permite o paso das abellas obreiras pero non da raíña ou os abellóns. A medida adecuada da abertura entre os arames debe ser de 4.14 milímetros.

O emprego de rexa excluidora é moi discutido ata a actualidade por diferentes motivos, ventilación, dano ás obreiras, lentitude no traballo. Hoxe existen estudos que demostran que a lonxevidade das abellas obreiras vese diminuída nun 45 % cando se utilizan rexas excluidoras.

Os materiais para a construción de rexas son actualmente variables, as de arame son denominadas Waldron e confecciónanse con arames moi duros. Na foto vemos as de plástico incorporadas recentemente.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]