Reveriano Soutullo Otero
Reveriano Soutullo, nado en Ponteareas o 11 de xullo de 1884 e falecido en Vigo o 29 de outubro de 1932 foi un compositor galego de pasodobres e zarzuelas.
Índice |
[editar] Biografía
Foi o cuarto de once irmáns. Os seus pais, Manuel Soutullo Valenzuela e Carolina Otero de Parga vivían en Redondela, de onde era a nai e onde o pai dirixía a banda municipal. Con todo, o rapaz tamén visita frecuentemente Ponteareas.
Dende pequeno iníciase na música da man do pai e coa axuda dun dos seus irmáns maiores, Daniel. Máis tarde estuda música na Escola de Artes e Oficios de Vigo. Sendo mozo ingresa na banda municipal de Tui. Dirixe o orfeón de Tui, co cal gaña algúns premios, e unha rondalla, onde tocan algunhas das súas primeiras composicións. En 1896 ingresa coma corneta solista no rexemento de infantería Murcia nº 37 da cidade de Vigo. Alí completa os seus estudos co mestre Cetina. Logo faise cargo da banda municipal do Porriño.
[editar] Obras
[editar] Zarzuelas
[editar] En colaboración con Juan Vert
- La leyenda del beso
- La del soto del parral
- El último romántico