Resolución 1769 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Resolución 1769 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
AsuntoA situación no Sudán
data31 de xullo de 2007
Sesión núm.5727
CódigoS/RES/1769
Documento oficial[i]
VotaciónA favor: 15
En contra: 0
Abstención: 0
Ausentes:
ResultadoAprobada unanimemente
Membros do Consello en 2007
Permanentes
 CHN  FRA  RUS
 UK  USA
Non permanentes
 BEL  CGO  GHA  INA  ITA
 PAN  PER  QAT  RSA  SVK
←  1768  —  1770  →

A Resolución 1769 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas é unha resolución que trata de resolver o conflito de Darfur no Sudán aprobada unanimemente o 31 de xullo de 2007.[1]

A resolución establece a creación dun continxente de 26.000 soldados das Nacións Unidas e a Unión Africana (UNAMID - Misión de Nacións Unidas e a Unión Africana en Darfur) que tratará de establecer a paz no Sudán e substituirá aos 7.000 membros da Misión da Unión Africana no Sudán. Despois de rexeitar un primeiro borrador de resolución que incluía sancións ao goberno sudanés, leste aceptou o texto definitivo que non recolle sanción algunha.[2][3][4]

A resolución insta a que en trinta días os distintos Estados teña listas as súas propostas de tropas para fixar o continxente.

A proposta foi na súa orixe iniciativa dun texto de Francia, Reino Unido e Eslovaquia que contou co apoio expreso de Estados Unidos e invocouse ao Capítulo VII da Carta das Nacións Unidas que permite o uso da forza para a propia defensa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Consejo de Seguridad de la ONU autoriza el envío de una fuerza de paz a Darfur Arquivado 14 de agosto de 2016 en Wayback Machine., Diario El Mundo, 31 de xullo de 2007, citado por ACNUR].
  2. Acepta Jartum resolución del Consejo de Seguridad Arquivado 27 de setembro de 2007 en Wayback Machine., Prensa Latina, 1 de agosto de 2007.
  3. "Aprueba Sudán operación conjunta de pacificación ONU-UA en Darfur" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 06 de novembro de 2018.  Xinhua, 2 de agosto de 2007.
  4. Sudán acepta el despliegue de una fuerza multinacional en Darfur, 20 minutos, 12 de xuño de 2007.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]