Resident Evil Outbreak: File 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Resident Evil Outbreak: File 2
Desenvolvedor(es)Capcom
Distribuidora(s)Capcom
Compositor(es)Tetsuya Shibata
Lanzamento9 de setembro de 2004
Xénerovideoxogo de acción e aventura
Modos de xogovideoxogo multixogador, videoxogo para un xogador e modo cooperativo
Clasificación PEGI
CERO
Plataforma(s)PlayStation 2
Na rede
http://www.capcom.com/reof2/
IMDB: tt0472614 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Resident Evil Outbreak: File #2 é un videoxogo online pertencente á serie Resident Evil. Foi lanzado no ano 2004 por Capcom para Playstation 2. O xogo contén unha serie de escenarios da cidade ficticia Racoon City que deben ser atravesados para fuxir, xa que esta poboación norteamericana sofre un gromo do virus T, un patóxeno que revive os corpos transformándoos en zombis ou diversos monstros.

Escenarios[editar | editar a fonte]

Wild things[editar | editar a fonte]

Un grupo de cidadáns tenta refuxiarse no zoolóxico de Racoon. Así e todo, estas instalacións tamén se ven afectadas pola epidemia e ademais de zombis, o virus infectou diversos animais, incluíndo un elefante e un león.

Underbelly[editar | editar a fonte]

Outro punto de saída é o metro, onde hai un tren parado que pode ser empregado para saír atravesando a rede de túnel. No subterráneo hai estacións, vías e varias salas de mantemento. O grupo trata de reactivar a rede eléctrica para poder mover o tren. Non obstante, no metro tamén hai zombis e criaturas infectadas. Tamén é posible fuxir a través do sistema de ventilación.

Flashback[editar | editar a fonte]

Nos arredores de Racoon existe un bosque e unha zona montañosa na que se orixinou o gromo. Nesta zona o único refuxio é un hospital abandonado, no que tamén hai zombis e unha serie de plantas mutadas. Unha delas creceu extraordinariamente e invadiu salas enteiras do edificio.

Desperate times[editar | editar a fonte]

A policía de Racoon sufriu enormes baixas combatendo contra os infectados pero un grupo deles puido refuxiarse na comisaría. Idearon un plan para escapar e levar con eles a todos os cidadáns que poidan. O grupo acha aquí a Marvin, personaxe que debutara en Resident Evil 2.

End of the road[editar | editar a fonte]

Este escenario pertence ás instalacións subterráneas de Umbrella. Nel atópanse varios científicos da corporación, que tratan de acceder aos viais que conteñen a cura. O escape permíteo un tren subterráneo instalado pola propia Umbrella.

Crítica[editar | editar a fonte]

Outbreak Fille #2 non acadou boas críticas nas revistas especializadas, obtendo un 58 en Metacritic [1].

Vendas[editar | editar a fonte]

As vendas foron discretas, dunhas 170.000 unidades no Xapón [2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2013. Consultado o 13 de marzo de 2010. 
  2. http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=2908