Resident Evil Outbreak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logo do xogo.

Resident Evil Oubreak é un dos xogos da saga de videoxogos Resident Evil, e o primeiro de dita franquía orientado para xogar en rede, aínda que tamén se pode xogar off-line. Este título, creado por Capcom, foi lanzado no ano 2003 para a PlayStation 2 de Sony. A súa versión europea só pode ser xogada off-line.

Historia[editar | editar a fonte]

Resident Evil Outbreak é un xogo da saga de Survival Horror Resident Evil. O xogo está situado horas despois do comezo da infeción virica na cidade de Raccoon City. O xogo conta as historias de personaxes comúns e correntes tales como: unha camareira, un médico, un garda do metro, un policía, unha reporteira, unha estudante universitaria, un garda de seguridade e un fontaneiro. Deberán cooperar para lograr sobrevivir á epidemia e escapar da cidade.

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Kevin Ryman: un policía de Racoon City. No xogo sérvese dunha pistola de policía do calibre 45
  • Alyssa Ashcroft: é unha reporteira capaz de abrir as fechaduras cunha ganzúa. O seu noivo morreu nas aforas de Racoon City, supostamente a mans dun infectado polo virus T.
  • Cindy Lennox: é unha camareira moi hábil, pero tamén moi feble fisicamente.
  • Mark Wilkins: é un ex-combatente de Vietnam, que agora traballa nunha empresa de seguridade.
  • David King: é un fontaneiro capaz de utilizar e reparar pezas de reposto.
  • Jim Chapman: é un empregado do metro de Racoon. Non adoita traballar en equipo.
  • George Hamilton: trátase dun médico da cidade. É quen de crear produtos medicinais.
  • Yoko Suzuki: é unha rapaza duns 20 anos que colaborou coa creación do virus G nos laboratorios de Umbrella.

Modo de xogo[editar | editar a fonte]

Este título contén unha gran cantidade de cambios no sistema de xogo con respecto ás anteriores entregas. Outbreak, no canto de ser un título lineal, divídese en cinco escenarios, onde cada un debe ser finalizado para poder acceder ao seguinte. Ademais podemos seleccionar o personaxe dos oito dispoñibles que queremos utilizar. Cada personaxe ten vantaxes e debilidades con respecto aos outros, ademais de habilidades e obxectos únicos. Por exemplo, Kevin ten como obxecto extra unha pistola calibre.45, Mark ten gran forza física e resistencia, Cindy pode levar diferentes tipos de plantas nun contedor especial, etc. A diferenza dos anteriores RE, o xogador só pode levar catro obxectos (sen contar o ítem extra). Ademais, ao iniciar cada escenario o xogador xa estará infectado co Virus T, e a porcentaxe de infección increméntase progresivamente, aumentando enormemente cando se é atacado por un inimigo. Se o contador chega a 100% o personaxe morre (off-line) ou se transforma durante uns dous minutos en zombi antes de morrer (online), o cal limita o tempo para finalizar o escenario. Se o xogador está desarmado pode defenderse mediante un "empurrón" coa combinación R1 + x, e ata mediante un movemento especial propio de cada personaxe o cal realízase coa combinación R1 e círculo. Dado que o xogo foi programado para xogar en liña, a acción continúa aínda que se teña aberto o inventario, facendo que o uso de obxectos e equipar ou recargar armas sexa máis arriscado.

Escenarios[editar | editar a fonte]

Epidemia (Outbreak)[editar | editar a fonte]

Un grupo de persoas comúns están nun bar logo dun día arduo de traballo están gozando da velada ata que uns sinistros visitantes anuncian a apocalipse de Raccoon City. Os sobrevivintes deberán escapar do bar o máis antes posible porque o peor acaba de comezar...

Escenario para: Cindy Lennox

Baixo cero (Below Freezing Point)[editar | editar a fonte]

O tempo esgótase pero aínda hai esperanzas. Os sobrevivientes lograron pasar obstáculos ata chegar aos laboratorios subterráneos de Umbrella. Agora deben sufrir outros obstáculos peores, que se supón que farán?...

Escenario para: Yoko Suzuki, Monica

A colmena (The Hive)[editar | editar a fonte]

Os sobrevivientes agora vense atrapados nunha terrible situación, están rodeados por unha enorme cantidade de zombies e a súa única esperanza é un Hospital abandonado no cal cousas horrorosas existen, dun momento a outro o hospital convértese nunha colmena de monstros.

Escenario para: George Hamilton, Doutor

Inferno (Hellfire)[editar | editar a fonte]

Os sobrevivintes logran chegar a este luxoso Hotel evadindo a todos os zombies, con todo vense atrapados noutra situación comprometida, o hotel tamén se atopa infectado e en ruínas xa que previamente ocorrera unha explosión que queimou todo o lugar, Roldan zombies polos corredores e habitacións, sen contar os Lickers.


Escenario para: Alyssa Ashcroft, Mark Wilkins, Bob

Decisións, decisións (Decisions, decisions)[editar | editar a fonte]

É o último escape dos sobrevivientes que quedan en Raccoon City, agora os nosos personaxes correrán o risco de entrar á facultade de Raccoon City. Non parece ser a mellor opción pero non hai máis posibilidades.

Escenario para: George Hamilton, Yoko Suzuki, Mark Wilkins

Curiosidades[editar | editar a fonte]

  • O primeiro día que saíu en Xapón vendeu máis de 100.000 unidades, máis que Resident Evil 0 e Resident Evil Remake.
  • En Resident Evil 3, cando o teleférico choca coa torre do reloxo, pódese ler "visita o Apple Inn", que é o hotel onde se desenvolve o escenario "Hellfire".
  • Un dos obxectos especiais de "Hellfire" é a visa de Ben Bertolucci, quen sae en Resident Evil 2 e fai supoñer que se hospedaba nese hotel.
  • Claire Redfield íase a hospedar no Apple Inn ao chegar a Racoon City.
  • A rúa que fan explotar os supervivientes é a mesma que se ve no intro de Resident Evil 3.
  • Resident Evil Outbreak xa é considerado canónico, ou sexa está dentro a trama principal de Resident Evil, como se pode ver na liña do tempo na páxina oficial de Resident Evil.
  • A versión Beta de Resident Evil Outbreak tiña máis de 20 escenarios e íase a chamar Resident Evil Online.