Resident Evil Dead Aim

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Resident Evil Dead Aim é un videoxogo creado por Capcom pertencente á serie Resident Evil para a videoconsola PlayStation 2. En Xapón titulouse Gun Survivor 4: Biohazard - Heroes Never Die. Saíu ao mercado no ano 2003.

Historia[editar | editar a fonte]

Tras a destrución de Raccoon City un cargamento do virus T é roubado. O goberno estadounidense envía a un axente chamado Bruce McGivern para obter información do incidente. O virus é liberado nun cruceiro e infecta a toda a pasaxe por un antigo membro da corporación Umbrella, Morpheus T. Duvall. Tras destruír o cruceiro, Bruce chega a unhas instalacións nunha illa cercana. Nela Morpheus equipou varios mísiles co virus T, cos que tenta ameazar aos Estados Unidos. Bruce consegue desactivar os mísiles e Morpheus inféctase co virus e convírtese nun Tyrant. Finalmente, Bruce elimínao cun canón de partículas e foxe da illa.

Crítica[editar | editar a fonte]

Nas publicacións máis salientables acadou un 74 en GameSpy, un 70 en Eurogamer e un 64 en GameSpot. En Metacritic consegiu un 65.[1]

Notas[editar | editar a fonte]