Resident Evil Code: Veronica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Resident Evil Code: Veronica é un videoxogo pertencente á serie de Resident Evil, creado e distribuído pola compañía nipona Capcom. Orixinalmente foi lanzado para Dreamcast no ano 2000. Un ano despois apareceu unha nova versión chamada Resident Evil Code: Verónica X para Dreamcast (só en Xapón) e PlayStation 2. En 2003 saiu unha versión para GameCube e no ano 2009 unha para Wii.

Mecánica de xogo[editar | editar a fonte]

Code Veronica segue a mesma mecánica de xogo que as anteriores entregas de Resident Evil. Cunha cámara en terceira persoa, controlamos a Claire Redfield, irmá de Chris Redfield protagonista de Resident Evil e de Resident Evil 5. O obxectivo é esquivar diversas armas biolóxicas e resolver os enigmas para seguir avanzando.

Innovacións técnicas[editar | editar a fonte]

Resident Evil Code: Veronica é a primeira entrega desta saga para a sexta xeración de videoconsolas. Presenta unha maior calidade técnica cas anteriores entregas (debido á maior potencia das videoconsolas desta xeración). Por primeira vez empréganse fondos en tres dimensións xerados pola consola.

Argumento do xogo[editar | editar a fonte]

O xogo comenza con Claire encarcerada nunha illa propiedade da corporación Umbrella. Estas instalacións sofren un ataque por parte de forzas descoñecidas, que liberaron o virus T por todas as áreas. O virus T provoca a aparición de zombies e outras criaturas. Un dos empregados de Umbrella, ferido de gravidade, abre a cela de Claire. Ela abandona a prisión, atravesa o cemiterio e chega aos barracóns do persoal. Neste traxecto coñece a Steve Burnside, outro preso. Colaborando con el, é quen de chegar ata un avión co que escapar. Tras fuxir da illa con Steve, chega aos laboratorios antárticos de Umbrella. Neles reúnese co seu irmán Chris. Averigüan que o responsable do ataque é un vello coñecido: Albert Wesker, implicado nos acontecementos que toman lugar en Resident Evil. Mentres, Alfred Ashford, membro da corporación Umbrella consegue espertar a súa irmá Alexia Ashford dun coma inducido. Alexia atopábase en coma inducido suspendida nunha solución cunha variante do virus T, o virus T-Verónica. Tras espertar, posúe habilidades psíquicas e facultades mentais extraordinarias. Tenta acabar con Wesker e con Chris, pero é eliminada por este último. Tras matar a Alexia, Chris trata de fuxir destes laboratorios coa súa irmá. Antes de escapar, loita con Wesker pero consegue zafarse e reúnese coa súa irmá. Ambos foxen nun caza de combate.