Resident Evil: Umbrella Chronicles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Resident Evil: Umbrella Chronicles
Desenvolvedor(es)Capcom
Distribuidora(s)Capcom
Compositor(es)Masafumi Takada
Lanzamento13 de novembro de 2007
Xéneroshoot 'em up
Modos de xogovideoxogo multixogador e videoxogo para un xogador
Clasificación PEGI
CERO
Plataforma(s)Wii e PlayStation 3
editar datos en Wikidata ]

Resident Evil: Umbrella Chronicles é un videoxogo de pistola pertencente á serie Resident Evil, producido por Capcom e lanzado en novembro de 2007 para Nintendo Wii. Inclúe diversos escenarios presentes noutras entregas da serie: Resident Evil 0, Resident Evil e Resident Evil 3.

Estilo de xogo[editar | editar a fonte]

Trátase dun videoxogo de pistola sobre raís. É dicir, o xogador non move á personaxe, senón que esta ten unha ruta fixa executada pola videoconsola. O obxectivo é disparar e eliminar os inimigos de cada pantalla dentro dun límite de tempo. O control está adaptado aos mandos de Wii, podendo empregar o Wiimote ou o Wii Zapper. A medida que avanza a historia, o xogador gaña melloras para o armamento e pode descubrir documentos relativos a Umbrella, a corporación ficticia presente en toda a serie.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Umbrella Chronicles narra feitos acontecidos noutras entregas de Resident Evil: Resident Evil 0, Resident Evil e Resident Evil 3. Cada escenario presenta unha serie de inimigos distintivos e unha parella de personaxes propia: Rebecca Chambers e Billy Coen nas pantallas de Resident Evil 0, Jill Valentine e Ricardo Olivera nas de Resident Evil 3, por último, Chris Redfield e de novo Jill Valentine nas pantallas de Resident Evil.

Multixogador[editar | editar a fonte]

O xogo consta dun multixogador cooperativo para dúas persoas, cada unha cun punteiro para disparar. Carece de multixogador en liña.

Recepción e crítica[editar | editar a fonte]

A prensa especializada acolleuno con boas notas, acadando un 75 en Metacritic[1]. IGN outorgoulle un 79 [2], mentres que GameSpy concedeulle un 70 [3].

Vendas[editar | editar a fonte]

Capcom logrou vender 1,34 millóns de unidades desta entrega[4].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2010. Consultado o 04 de abril de 2010. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2010. Consultado o 04 de abril de 2010. 
  3. http://wii.gamespy.com/wii/resident-evil-wii/836669p1.html
  4. http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=6971