Provincias Unidas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Republiek der Zeven Verenigde
República Neerladesa

1581–1795
Bandeira Escudo
Lema: Concordia res parvae crescunt
A unión fai a forza
República dos Sete Países Baixos Unidos, 1658
Capital A Haia
Lingua Neerlandés
Goberno República
Stadhouder
 • 1559-1584 Guillerme I de Orange
 • 1584-1625 Mauricio de Nassau
 • 1625-1647 Federico Henrique de Orange-Nassau
 • 1647-1650 Guillerme II de Orange-Nassau
 • 1672-1702 Guillerme III de Orange-Nassau
 • 1751-1795 Guillerme V de Orange-Nassau
Lexislatura Estados Xerais dos Países Baixos
Historia
 • Establecido 1581
 • Disolución 1795
Moeda Florín

Provincias Unidas ou República dos Sete Países Baixos Unidos foi un estado que con frecuencia adoita ser chamado erroneamente Holanda, formado polas sete provincias do Norte dos Países Baixos (Frisia, Groninga, Güeldres, Holanda, Overijssel, Utrecht e Celandia), agrupadas dende a Unión de Utrecht (1579), ata a ocupación francesa de 1795.

Historia[editar | editar a fonte]

A orixe das Provincias Unidas radicou nos problemas políticos e relixiosos baixo a dominación dos casa de Habsburgo. O enfrontamento entre católicos e calvinistas produciu o estabelecemento da Unión de Arras e da Unión de Utrecht (1579), que deu orixe ás Provincias Unidas. En 1581, os representantes da Unión depuxeron a Filipe II de España e nomearon a Guillerme de Orange (asasinado en 1584). Johan van Oldenbarnevelt foi unha peza clave na creación da República en 1588.

A cohesión das provincias foi posible grazas á hexemonía da burguesía e o liderado en Holanda. As Provincias Unidas obtiveron axuda militar de Inglaterra, que xunto a Francia recoñecerían a República en 1596. En virtude da Tregua dos Doce Anos, entre 1609 e 1621, con Filipe II, a Coroa de España recoñeceu finalmente a existencia das Provincias Unidas.

A Idade de Ouro[editar | editar a fonte]

A alianza con Francia durante a guerra dos Trinta Anos logrou para as provincias o status de Estado independente no Tratado de Westfalia (1648).

Nesta época o seu poder medrou ata converterse nunha das potencias mariñas e económicas do século XVII, o que foi considerado como a época dourada dos Países Baixos. Foi unha época na que se estableceron colonias e postos mercantís ao redor de todo o mundo. En 1784, Federico II, rei de Prusia, organizou unha Liga de príncipes alemáns para salvagardar o statu quo nas Provincias Unidas fronte ás ambicións de Baviera.

Declive[editar | editar a fonte]

Emprendeu unha confrontación contra Inglaterra pola supremacía naval e tras a agresión por parte de Luís XIV, consumouse o declive do seu poder e en 1795, logo dunha invasión francesa, as Provincias Unidas foron substituídas pola República Bátava.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]