República Socialista Soviética de Quirguistán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Кыргыз Советтик
Социалисттик Республикасы
Flag of Kyrgyz SSR.svg COA Kyrghyz SSR.png
Lema: Бардык өлкөлордүн пролетарлары, бириккиле! ("Traballadores do mundo, unídevos!")
SovietUnionKyrgyzstan.png
Lingua Quirguiz e Ruso.
Capital Bishkek
Presidente no momento da independencia Askar Akayev
Tempo na URSS Dende o 14 de outubro de 1924 até o 31 de agosto de 1991.
Área total 198,500 km²
Poboación (est. 1989) 4,257,800
Independencia da Unión Soviética
31 de agosto de 1991
Moeda Rublo
Hora UTC +5
Himno nacional Himno da RSS de Quirguicistán.

A República Socialista Soviética de Quirguistán, abreviado en RSS de Quirguistán (en Quirguiz: Кыргыз Советтик Социалисттик Республикасы) era o nome oficial de Quirguistán cando era unha das 15 repúblicas que formaban parte da URSS.

Historia[editar | editar a fonte]

O pobo kirguís formaba parte da Rusia Imperial, desde a súa conquista por esta a finais do século XIX. Tras a revolución rusa, queda baixo poder soviético desde 1918. O 14 de outubro de 1924 establécese o Oblast Autónomo de Kara-Kirguizia dentro da RSFS de Rusia. O termo cara-quirguizo usábase para diferencialos dos casacos, que ata 1925, tamén eran chamados quirguís. En 1925, convértese na República Socialista Soviética Autónoma de Kirguistán aínda dentro da RSFS de Rusia. O 5 de decembro de 1936 sepárase de Rusia, ao adquirir rango de República Socialista Soviética dentro da URSS. En decembro de 1990 é nomeada República de Kirguistán, para o 31 de agosto de 1991, proclamarse independente da URSS.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]