República Socialista Soviética Carelo-Finesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRepública Socialista Soviética Carelo-Finesa
Karjalais-suomalainen sosialistinen neuvostotasavalta (fi) Editar o valor em Wikidata

HimnoAnthem of the Karelo-Finnish Soviet Socialist Republic (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Lema«Proletarios de todos os países» Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 61°47′00″N 34°21′00″L / 61.783333, 34.35Coordenadas: 61°47′00″N 34°21′00″L / 61.783333, 34.35
Estado desaparecidoUnión Soviética Editar o valor em Wikidata
CapitalPetrozavodsk (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación651.300 (1959) Editar o valor em Wikidata
Lingua oficialLingua carelia
lingua rusa
lingua finesa Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación31 de marzo de 1940 Editar o valor em Wikidata
Disolución16 de xullo de 1956 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porRepública Socialista Soviética Autônoma da Carélia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Evento clave
Organización política
Forma de gobernorepública soviética Editar o valor em Wikidata
MoedaRublo soviético Editar o valor em Wikidata

A República Socialista Soviética Carelo-Finesa foi o nome que recibiu a rexión de Carelia de Finlandia, ocupada pola Unión Soviética en 1940, despois da Guerra de Inverno. O seu único chanceler foi Otto Kuusinen, até 1956, cando foi anexada á Rexión Autónoma que equivale á actual República de Carelia da Federación Rusa.

Historia[editar | editar a fonte]

O territorio que abranguía a República estaba dividido entre a RSFS de Rusia e Finlandia antes de novembro de 1939. Na parte rusa, o territorio era administrado como unha República Socialista Soviética Autonóma de nome RSSA de Carelia.

As fronteiras soviético-finesas de 1939 foran estabelecidas no Tratado de Tartu o 14 de outubro de 1920. Mais, ao inicio da segunda guerra mundial, os soviéticos consideraron que con ditas fronteiras, era moi pouco viable unha defensa efectiva de Leningrado ante unha inminente invasión alemá. Despois de intentar persuadir aos fineses de ceder terreo en Carelia, especificamente onda o Lago Ladoga, a Unión Soviética recorreu ás armas.

O 30 de novembro de 1939, a Unión Soviética atacou a Finlandia logo de idear o incidente de Mainila como escusa. A chamada Guerra de Inverno tiña como intención a ocupación total de Finlandia, e para legalizar esta invasión proclamouse a República Democrática de Finlandia, presidida por Otto Ville Kuusinen, quen escapara á Unión Soviética despois de que o seu partido fora derrotado na guerra civil finlandesa. Debido ao fracaso inicial da invasión e ao desacordo internacional á mesma, Stalin decidiu non ocupar todo o país, e decidiu disolver a República Democrática de Finlandia, que para marzo de 1940 só comprendía territorio finés rodeando o Ladoga.

A guerra finalizou co Tratado de paz de Moscova, firmado o 13 de marzo de 1940. En dito Tratado, o territorio da República Democrática de Finlandia foi anexado á Carelia Rusa, e creouse a República Socialista Soviética de Carelo-Finesa, sendo unida á RSSA de Carelia, que á súa vez foi separada da RSFS de Rusia.

Otto Kuusinen seguiu presidindo os territorios da Carelia soviética até 1956, cando a msma foi "degradada" á RSSA de Carelia, sendo integrada na RSFS de Rusia por segunda vez. Coa disolución da Unión Soviética, Carelia continuaría baixo control ruso, esta vez baixo o nome da República de Carelia.

Durante a Guerra de Continuación, Finlandia ocupou Carelia até 1944, cando quedou claro que os seus aliados alemáns perderían a segunda guerra mundial. O 19 de setembro de 1944, o goberno de Finlandia asinou o Armisticio de Moscova, cedendo máis territorio á Unión Soviética que foi anexado á RSS Carelo-Finesa. Isto foi ratificado por Finlandia no Tratado de París de 1947, renunciando a futuras reclamacións do territorio perdido. Durante estes cambios, a RSS Carelo-Finesa cedeu ao oblast de Leningrado terreos ao sur, especificamente o istmo de Carelia xunto con Vyborg.