Rense Westra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rense Westra
Nacemento30 de setembro de 1946
LugarAldwâld
Falecemento2 de marzo de 2015
LugarLeeuwarden
NacionalidadeReino dos Países Baixos
Profesiónactor e actor de televisión
Na rede
IMDB: nm0923063 Allocine: 600274 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Rense Westra, nado o 30 de setembro de 1946 en Aldwâld (Frisia), é un actor neerlandés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Westra actuou en máis de 80 obras do grupo de teatro en frisón Tryater, entre elas Ricardo III, O soño dunha noite de San Xoán ou Romeo e Xulieta de Shakespeare. Tamén desde 1985 actuou en varios filmes frisóns como De Gouden Swipe (1995) ou De Fûke (2000), pola súa interpretación nesta última foi candidato a un Gouden Kalf ao mellor actor. Westra interpretou a Veldwachter Zwart en dúas versión cinematográfica de De Kameleon (serie de libros infantís) e no musical De Kameleon Ontvoerd (2006).

En televisión Westra participou nas series Goudkust (1996) de SBS 6 e Westenwind (1999) de RTL 4. Fíxose popular polo seu papel de Beant Baas, protagonista da comedia de situación Baas Boppe Baas (2001-2005) en Omrop Fryslân e en 2007 dunha versión teatral realizada con Rients Gratama in 2007. Tamén ten un papel salientable na serie Dankert en Dankert. No ano 2009 actuou no filme De Hel van '63.