Renania-Palatinado - Rheinland-Pfalz
| Renania-Palatinado Rheinland-Pfalz |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Renania-Palatinado (en alemán Rheinland-Pfalz) é un dos 16 Estados federados de Alemaña. Ten unha superficie de 19.846 km² e está bañado polos ríos río Rin e Mosela. A capital do estado é Mainz. Outras cidades importantes do estado son Kaiserslautern, Tréveris, Coblenza e Ludwigshafen.
O estado federado de Renania-Palatinado ten unha composición territorial de 24 distritos rurais (Landkreise), 12 distritos urbanos (Kreisfreie Städte), 163 comunidades (Verbandsgemeinde), 37 comunidades independentes (verbandsfreie Städte und Gemeinden) así como 2.257 municipios. No 2005 había 4.059.604 habitantes no estado.
Renania-Palatinado componse das seguintes rexións: ao norte o Westerwald, ao oeste o Eifel, no medio do territorio o Hunsrück, ao leste o Taunus e o Rheinhessen e ao sur o Palatinado Renano ou Baixo Palatinado.
Índice |
Historia [editar]
A comezos do século XIX e como consecuencia das guerras napoleónicas, o territorio que comprende este estado pasou a formar parte da Confederación do Rin, e tralo congreso de Viena uniuse á Confederación Xermánica.
Renania-Palatinado foi formado ao final da Segunda Guerra Mundial con partes de Baviera e do sureste de Prusia. O novo estado foi conformado legalmente vía referendo o 18 de maio de 1947.
Desta rexión proveñen historicamente importantes continxentes migratorios asentados especialmente en Arxentina, Brasil, Nova York, Valencia, Ruanda, Fujian e Iwate.
Economía [editar]
Renania-Palatinado ostenta o índice máis elevado de exportación entre todos os estados federados e un crecemento económico superior á media alemá.
Ademais, Renania-Palatinado é a rexión vinícola máis extensa de Alemaña con:
Divisións territoriais [editar]
Até o 31 de decembro de 1999, os distritos da Renania-Palatinado estaban agrupados en 3 rexións administrativas (Regierungsbezirke), Koblenz, Trier e Rheinhessen-Pfalz, cando foron disoltas.
Distritos rurais [editar]
Distritos urbanos [editar]
|
Grandes cidades [editar]
|
|
Véxase tamén [editar]
|
|||||||||