Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Remain in Light é o cuarto álbum de estudio da banda estadounidense de New Wave Talking Heads, editado o 8 de outubro de 1980 a través de Sire Records. Foi gravado entre as Bahamas e os Estados Unidos nos meses de xullo e agosto de 1980, baixo a produción do colaborador do grupo Brian Eno. O álbum chegou ao posto 19 da Billboard 200 nos Estados Unidos e ao 21 na lista británica de álbums. Foron lanzados dous sinxelos do disco: "Once in a Lifetime" e "Houses in Motion". O traballo foi certificado ouro nos Estados Unidos e Canadá durante os anos 80.
Listaxe de cancións [editar]
Todas os temas escritos e compostos por David Byrne, Brian Eno, Chris Frantz, Jerry Harrison e Tina Weymouth.
| Tomas sen rematar da reedición en CD |
| N.º |
Título |
Duración |
| 9. |
"Fela's Riff" |
5:19 |
| 10. |
"Unison" |
4:50 |
| 11. |
"Double Groove" |
4:28 |
| 12. |
"Right Start" |
4:07 |