Demografía de Nova Zelandia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Relixión en Nova Zelandia»)
Evolución demográfica de Nova Zelandia.

A demografía de Nova Zelandia caracterízanse por unha relativamente nova e crecente poboación (sobre todo en comparación con moitas outras sociedades occidentais) e relativamente altos niveis de migración de entrada (principalmente do Reino Unido, Asia e o Pacífico) e de saída da migración (principalmente Australia e o Reino Unido). A poboación, composta inicialmente só por maorís, pasou a ser maioritariamente de orixe europea nos séculos XIX e XX, ata que a inmigración procedente de Asia e das illas do Pacífico, así como unha alta natalidade maorí, a fixo máis multi-étnica. Os habitantes de Nova Zelandia son chamados neozelandeses (New Zealanders en inglés).

Poboación[editar | editar a fonte]

A poboación de Nova Zelandia é de aproximadamente 4,4 millóns de habitantes[nota 1]. No censo de poboación de 2006 o 67,6 % das persoas cuestionadas identificouse etnicamente como europeo e o 14,6 % como maorí[1]. Outros grupos étnicos importantes inclúen os asiáticos (9,2 %) e os pobos do Pacífico (6,9 %), mentres que o 11,1 % identificáronse a si mesmos simplemente como «neozelandés» (ou similar) e o restante 1 % identificouse con outras etnias[2][nota 2][3]. Isto contrasta coas cifras de 1961, cando o censo informou que a poboación de Nova Zelandia se compoñía de 92 % de europeos e só 7 % de maorís, coas minorías asiáticas e do Pacífico compartindo o 1 % sobrante[4]. Aínda que o xentilicio para un cidadán de Nova Zelandia é neozelandés, o termo informal «kiwi» é comunmente utilizado tanto polos estranxeiros[5] como pola poboación local[6]. O termo «pakeha» adoita referirse aos neozelandeses de ascendencia europea, aínda que algúns rexeitan esta denominación de orixe[7][8], ademais de que algúns maorís o usan para referirse a todos os neozelandeses que non descenden de maorís ou algún outro pobo polinesio[9].

A maioría dos neozelandeses de orixe europea teñen ascendencia británica e irlandesa, aínda que hai poboacións significativas de orixe neerlandesa, dálmata[10], italiana e alemá, xunto con inmigrantes europeos que viaxaron a través de Norteamérica, Suramérica, Australia e Suráfrica[11].

Top 10 dos países de orixe dos residentes de Nova Zelandia, segundo o censo de 2013[12]
País Número %
Nova Zelandia Nova Zelandia 2,980,827 74.85
Reino Unido Reino Unido[13] 256,164 6.43
China[14] 96,441 2.42
India India 67,176 1.69
Australia Australia 62,712 1.57
Sudáfrica Suráfrica 54,279 1.36
Fidxi Fidxi 52,755 1.32
Samoa Samoa 50,658 1.27
Filipinas 37,299 0.94
Corea do Sur 26,604 0.67

Educación[editar | editar a fonte]

A escola primaria e secundaria é obrigatoria para os nenos e nenas entre 6 e 16 anos, aínda que a maioría asiste a partir dos 5 anos[16]. Hai 13 anos de escola obrigatoria e a asistencia ás escolas públicas é gratuíta. Nova Zelandia ten unha taxa de alfabetización de persoas adultas do 99 %[17], e máis da metade da poboación de entre 15 e 29 anos cursa algún tipo de educación superior[16][nota 3]. A escolaridade entre a poboación adulta é diversa: 14,2 % ten un título de grao, 30,4 % ten un diploma de educación secundaria e o 22,4 % non ten unha escolaridade ben establecida[18].

Ano Idade o 30 de xuño Sistema vello Nivel de cualificación (actual)[19] Tipo de escola
1 5 Junior 1/Primer 1 Level 1 Escola primaria Escola primaria Anos escolares
2 6 Junior 2/Primer 2
3 7 Standard 1 Level 1–2
4 8 Standard 2 Level 2
5 9 Standard 3 Level 2–3
6 10 Standard 4 Level 3
7 11 Form 1/Standard 5 Level 3 Escola intermedia
8 12 Form 2/Standard 6 Level 3-4
9 13 Form 3 Level 4 Escola secundaria
10 14 Form 4 Level 5
11 15 Form 5 Level 6 / NCEA Level 1 / IGCSE
12 16 Form 6 Level 7 / NCEA Level 2 / AS
13 17 Form 7 Level 8 / NCEA Level 3 / A Level

Relixión[editar | editar a fonte]

Principais relixións de Nova Zelandia no 2013.
Relixión en Nova Zelandia.

Segundo o censo realizado en 2006, o cristianismo é a relixión predominante en Nova Zelandia, practicada polo 55,65 % da poboación; o 34,7 % dos cuestionados dixo que non practicaba ningunha relixión (subiu do 29,6 % en 2001) e ao redor do 4 % estaba asociado con outras relixións[20][nota 4]. As principais denominacións cristiás son o anglicanismo, o catolicismo, o presbiterianismo e o metodismo. Tamén hai un número significativo de adeptos ás igrexas pentecostais, bautistas e mormonas. De acordo coas cifras do censo, outras relixións que comprenden unha minoría significativa son o islam, o budismo e o hinduísmo[21][22]. Os indíxenas maorís tenden a estar asociados coas igrexas presbiteriana e mormona, mais o censo amosa que as igrexas con sé en Nova Zelandia Ringatū e Rātana experimentaron un considerable crecemento.[23]

Estatísticas de afiliación relixiosa[editar | editar a fonte]

2013 2006 2001 1996 1991
Número % Número % Número % Número % Número %
Católicos 492.384 11,07 508.437 11,87 485.637 12,4 473.112 13,08 498.612 14,78
Anglicanos 459.771 10,33 554.925 12,95 584.793 14,93 631.764 17,46 732.048 21,7
Presbiterianos, Congregacionalismo e Reformados 330.903 7,44 400.839 9,36 431.139 11,01 470.442 13 553.386 16,4
Cristiáns (sen máis definición) 216.177 4,86 186.234 4,35 192.165 4,91 186.891 5,17 79.317 2.35
Metodistas 103.047 2,32 121.806 2,84 120.546 3,08 121.650 3,36 139.494 4,13
Pentecostais 74.433 1,67 79.155 1,85 67.182 1,72 69.333 1,92 49.596 1,47
Baptistas 54.345 1,22 56.913 1,33 51.423 1,31 53.613 1,48 70.155 2,08
Santos dos Últimos días 40.728 0,92 43.539 1,02 39.915 1,02 41.166 1,14 48.009 1,42
Brethren 18.642 0,42 19.617 0,46 20.397 0,52 21.933 0,61 21.915 0,65
Testemuñas de Xeová 17.931 0,4 17.910 0,42 17.829 0,46 19.527 0,54 19.182 0,57
Adventistas 17.085 0,38 16.191 0,38 14.868 0,38 14.691 0,41 15.675 0,46
Evanxélicos 15.402 0,35 13.836 0,32 11.016 0,28 1.584 0,04 5.169 0,15
Igrexa Ortodoxa 13.833 0,31 13.194 0,31 9.576 0,24 6.933 0,19 4.263 0,13
Exército de Salvación 9.162 0,21 11.493 0,27 12.618 0,32 14.625 0,4 19.992 0,59
Outros cristiáns 15.828 0,36 16.830 0,39 15.513 0,4 16.734 0,46 15.894 0,47
Rātana (Māori) 40.353 0,91 50.565 1,18 48.975 1,25 36.450 1,01 47.595 1,41
Ringatū (Māori) 13.272 0,3 16.419 0,38 15.291 0,39 8.271 0,23 8.049 0,24
Outros cristiáns maorís 555 0,01 579 0,01 663 0,02 729 0,02 408 0,01
Total cristiáns 1 933 851 43,47 2 130 315 49,72 2 140 560 54,66 2 189 445 60,51 2 328 759 69,02
Hindús 90.018 2,02 64.560 1,51 39.864 1,02 25.551 0,71 18.036 0,53
Budistas 58.440 1,31 52.392 1,22 41.661 1,06 28.131 0,78 12.762 0,38
Musulmáns 46.194 1,04 36.153 0,84 23.637 0,6 13.545 0,37 6.096 0,18
Sikh 19.191 0,43 9.507 0,22 5.199 0,13 2.817 0,08 2.061 0,06
Relixións: Espiritualismo e New Age 18.423 0,41 20.184 0,47 16.101 0,41 9.789 0,27 5.199 0,15
Xudaísmo 6.867 0,15 6.858 0,16 6.636 0,17 4.809 0,13 3.126 0,09
Outras relixións 15.075 0,34 14.970 0,35 13.581 0,35 7.359 0,2 17.808 0,53
Total relixións non cristiás 254.208 5,71 204.624 4,78 146.682 3,75 92.001 2,54 65.088 1,93
Sen relixión 1 635 348 38,55 1 297 104 32,20 1 028 049 27,51 867.264 23,97 670.455 19,87
Sen descrición 347.340 8,19 293.052 7,28 268.464 7,18 212.997 5,89 57.915 1,72
Obxectou a responder 173.034 4,08 242.610 6,02 239.244 6,4 256.593 7,09 251.709 7,46
Total NS/NR 2 155 722 50,82 1 832 688 45,5 1 554 669 41,6 1 336 854 36,95 980.079 29,05
Poboación 4 242 048 4 027 947 3 737 277 3 618 303 3 373 926

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Stats.govt.nz Arquivado 24 de xullo de 2011 en Wayback Machine., reloxo de poboación.
  2. Cando se realizou o censo, podíase elixir máis dun grupo étnico (53% dos maorí identificáronse únicamente como maorís, mentres que o resto fíxoo con outro grupo étnico máis).
  3. En Nova Zelandia, a educación superior comprende todos os cursos e adestramentos realizados logo da escola secundaria. Estes varían desde cursos comunitarios informais ata cursos de posgraduado, mestrías e doutorados.
  4. Outro 6% negouse a dicir a súa relixión. Statistics New Zealand non ten un total para «Outras relixións». Dependendo de cantas persoas aseguraron ser cristiás e ter outra relixión, esa porcentaxe pode variar de 3 a 5%. Estas porcentaxes están baseados na poboación que reside no país, excluíndo outro 7% que non proporcionou información útil.
Referencias
  1. Statistics New Zealand (2007). "Ethnic groups in New Zealand". Stats.govt.nz (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2017. Consultado o 2 de febreiro de 2011. 
  2. Statistics New Zealand. "Cultural diversity". Stats.govt.nz (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2010. Consultado o 2 de febreiro de 2011. 
  3. Statistics New Zealand. "Maori Ethnic Population / Te Momo Iwi Maori". Stats.govt.nz (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2010. Consultado o 2 de febreiro de 2011. 
  4. Simon Collins (2010). "Ethnic mix changing rapidly". NZ Herald News.co.nz (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2011. 
  5. Dalby, S. (1993). "The ‘Kiwi disease’: geopolitical discourse in Aotearoa/New Zealand and the South Pacific". Political geography (en inglés) 12: 437-988. doi:10.1016/0962-6298(93)90012-V. 
  6. Paul Callister (2004). "Seeking an Ethnic Identity: Is “New Zealander” a Valid Ethnic Category?". New Zealand Population Review 30 (1 e 2): 5–22. 
  7. Tapu Misa (2006). "Ethnic Census status tells the whole truth". New Zealand Herald.co.nz (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2011. 
  8. Statistics New Zealand (2009). "Draft Report of a Review of the Official Ethnicity Statistical Standard: Proposals to Address the ‘New Zealander’ Response Issue". Stats.govt.nz (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2009. Consultado o 2 de febreiro de 2011. 
  9. Jodie Ranford (2008). "'Pakeha', Its Origin and Meaning". Maori News.com (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2011. 
  10. Carl Walrond (2007). "Dalmatians". Te Ara - Enciclopedia de Nova Zelandia (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2011. 
  11. "New Zealand Peoples". Te Ara - Enciclopedia de Nova Zelandia (en inglés). 2009. Consultado o 2 de febreiro de 2011. 
  12. "2013 Census totals by topic". Statistics New Zealand. Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2013. Consultado o 17 de marzo 2014. 
  13. Inclúe Illas do Canal e Illa de Man.
  14. Inclúe Hong Kong e Macau.
  15. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2011. Consultado o 27 de marzo de 2014. 
  16. 16,0 16,1 Olivia Dench (2010). "Education Statistics of New Zealand: 2009". Education Counts.govt.nz (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2011. 
  17. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2019. Consultado o 28 de marzo de 2014. 
  18. Olivia Dench (2006). "Educational attainment of the population". Education Counts.govt.nz (en inglés). Arquivado dende o orixinal (XLS) o 11 de maio de 2011. Consultado o 2 de febreiro de 2011. 
  19. "Curriculum achievement objectives by level -- New Zealand Curriculum" (PDF). Te Kete Ipurangi. Consultado o 24 de xaneiro 2012. 
  20. Statistics New Zealand (2006). "QuickStats About Culture and Identity: Religious affiliation". Stats.govt.nz (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2013. Consultado o 2 de febreiro de 2011. 
  21. Statistics New Zealand (2006). "2006 Census Data – QuickStats About Culture and Identity – Tables". Stats.govt.nz (en inglés). Arquivado dende o orixinal (XLS) o 10 de xuño de 2011. Consultado o 2 de febreiro de 2011. 
  22. Statistics New Zealand (2006). "Quick Stats About culture and Identity— 2006 Census" (PDF). Stats.govt.nz (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de febreiro de 2011. Consultado o 2 de febreiro de 2011. 
  23. ARDA (ed.). "Religious Demography". Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2019. Consultado o 16 de marzo de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]