Relación sexual humana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Relación sexual")
Relación sexual ilustrada no Kamasutra
Polvo en Asterdam.jpg

No ser humano chámanse actos sexuais ou relacións sexuais a calesquer actos íntimos de carácter sexual celebrados por persoas, en número e xénero variables. Neles interveñen aspectos fisiolóxicos, psíquicos, sociais e morais do individuo, entre outros.

Dimensión biolóxica[editar | editar a fonte]

Todo acto sexual ten unha dimensión somática. A resposta do organismo fronte ós estímulos sexuais ven determinada pola súa estrutura neurolóxica, alén doutros factores.

Como a resposta erótica é integral, o sistema nervioso central, o sistema nervioso autónomo e toda a corporalidade (tecidos orgánicos) entran en acción, con especial énfase nas fibras periféricas, a medula espiñal e os dous hemisferios cerebrais, dereito e esquerdo, á parte do hipotálamo, que ten unha función indispensable. Canto máis grande sexa a área de control da cortiza, máis sensitiva será esa parte do corpo.

Dimensión social[editar | editar a fonte]

Hai factores sociais e culturais que inflúen no modo de expresarmos a sexualidade. Esta depende de como cada sociedade regula as normas de comportamento a través das leis, da moral ou da relixión.

Idade que habilita ás persoas a manter relacións sexuais por mutuo consentimento.

As relacións sexuais sempre foi un tema controvertido ao longo da historia de todas as civilizacións, especialmente na cultura xudeocristiá. As relixións influíron dunha forma importante no concepto da sexualidade. Dentro da cultura occidental son ilegais e están penados determinados actos como a pederastia, o incesto ou a violación.

Actividades sexuais como o adulterio, a homosexualidade, o sexo grupal e as relacións prematrimoniais poden ser rexeitados ou aceptados por determinados grupos sociais, aínda que son prácticas non sancionadas en gran parte de Occidente e noutros lugares, mentres que existe unha tendencia punitiva en sociedades teocráticas ou fundamentalistas.

Dimensión psicoemocional[editar | editar a fonte]

Existen factores relacionados ca nosa vivencia da sexualidade, coas emocións, cos sentimentos, cos afectos e co modo de vivilos.

Un equipo de científicos da universidade de Penn State, en Pensilvania (Estados Unidos) e da Sociedade de Investigación e Terapia Sexual de Estados Unidos e Canadá fixo unha enquisa sobre as preferencias dun numeroso grupo de pacientes no relativo á duración e á frecuencia das relacións sexuais. Segundo esta investigación, publicada no Journal of Sexual Medicine, os suxeitos atopaban que unha duración "axeitada" se situaba entre os 3 e os 7 minutos, un "desexable" entre 7 e 13 minutos, un "demasiado corto" entre 1 e 2 minutos e un "demasiado longo" entre 10 e 30 minutos, a contar dende o comezo da penetración. Segundo os investigadores, o modo que teñen de ver un home e unha muller o seu funcionamento sexual e o da súa parella está fundado en crenzas persoais baseadas en parte nas mensaxes da sociedade[1].

Resposta sexual humana[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Resposta sexual humana.

A resposta sexual humana é o conxunto de cambios psicofisiolóxicos que se producen no noso corpo ante un estímulo sexual. No ámbito fisiolóxico, os cambios máis significativos que experimenta o corpo son:

  • Afluencia de sangue ós vasos sanguíneos: as veas dilátanse e énchense de sangue (vasoconxestión), o cal provoca que o pene e o clítoris se poñan erectos.
  • Aumento da tensión muscular (miotonía), o cal posibilita a súa posterior relaxación durante o orgasmo).

As seguintes son as etapas que suceden nas relación sexuais:

  • Desexo: é a atracción por outras persoas, que leva a buscar contactos sexuais. Está influído polo noso modo de pensar, polo noso estado de ánimo, por factores orgánicos, hormonais ou químicos, e varía de intensidade ó longo da vida.
  • Excitación: é a cantidade de impulso sexual que podemos acadar durante as relacións sexuais. Durante esta fase experiméntanse unha serie de cambios fisiolóxicos que se deben ó aumento da tensión muscular e á vasoconxestión.
  • Meseta. A excitación acada o máximo nivel, intensifícanse os cambios producidos durante a fase de excitación.
  • Orgasmo. O nivel de excitación chega ó máximo, libérase a tensión acumulada e experiméntanse sensacións moi pracenteiras.
  • Resolución. Os cambios corporais experimentados van revertendo pouco a pouco, volvendo á posición de repouso.

Tipos[editar | editar a fonte]

Relación sexual entre dous homes e dúas mulleres.

As posibles formas de relacionarse sexualmente dúas ou máis persoas son infinitas. Entre elas atopamos:

  • Relación heterosexual: é a relación sexual que leva a cabo entre dous individuos de distinto sexo.
  • Relación homosexual: é a relación sexual que se realiza entre dous individuos do mesmo sexo.
  • Ménage à trois ou trío: é a relación entre tres persoas do mesmo ou distinto sexo.
  • Intercambio de parellas: dúas parellas establecidas intercámbianse e teñen relacións sexuais ao mesmo tempo pero en lugares diferentes. Non é o mesmo que o sexo en grupo.
  • Relación zoofílica: é a relación sexual entre unha persoa e un animal.
  • Sexo en grupo: o sexo en grupo tamén é coñecido como orxía. Varios individuos do mesmo ou distinto sexo teñen relacións sexuais ao mesmo tempo e no mesmo lugar.
  • Relación sexual sen coito: son os chamados xogos preliminares, pero sen levar nunca a cabo o coito.
  • Necrofilia: práctica sexual entre un individuo e un cadáver.
  • Pedofilia: relacións sexuais entre unha persoa adulta e un cativo. Está penada legalmente na maioría dos países.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]