Urartu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Reino de Urartu»)
Modelo:Xeografía políticaUrartu

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 38°30′00″N 43°20′33″L / 38.5, 43.3425Coordenadas: 38°30′00″N 43°20′33″L / 38.5, 43.3425
CapitalTushpa (en) Traducir
Arzashkun (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Lingua oficialUrartian (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Creacióndécada de 860 a. C. Editar o valor em Wikidata
Disolución590 a. C. Editar o valor em Wikidata
Sucedido porSatrapia da Arménia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Representación do rei Sarduri II

Urartu (en urartiano: Biainili, armenio: Ուրարտու, Արարատյան Թագավորություն) é a denominación en asirio dun reino da antigüidade centrado en torno á zona do lago Van que coincide coa Armenia histórica[1], actual Anatolia oriental.

A lingua escrita que empregaba a elite política coñécese como urartiano, e aparece en inscricións cuneiformes en Armenia e no leste da actual Turquía. Porén, descoñécese a lingua que falaban os pobos de Urartu no momento da existencia do reino, mais hai evidencia lingüística de contacto entre o proto-armenio e o idioma urartiano nunha data temperá (nalgún momento entre o III e o II milenio a.C.), acontecendo con anterioridade á creación de Urartu como reino.[2][3][4] O reino creouse a mediados do século IX a. C., para entar nun declive gradual e, finalmente, foi conquistado polos medos iranianos a comezos do século VI a.C.

Esta rexión xeopolítica volverá aparecer, pouco despois, como Armenia. Tradicionalmente, considérase aos armenios como herdeiros do reino urartiano, sendo estes os seus primeiros devanceiros identificables.[3][5][6]

Historia[editar | editar a fonte]

As fontes hititas mencionan algúns países na zona de Urartu: Haiasa, Azzi, Suhma, Isuwa e Alche (entre 1388 a.C. e 1320 a.C.). Os asirios atacaron a rexión en 1114 a.C., chegando até o lago Van; rexistraron que o país, que se denominaba Nairi, tiña 23 reis.

Cara ao ano 880 a.C. estes 23 principados xa estaban unificados baixo o rei de Biaini (é dicir do lago Van), que fontes asirias denominan rei de Urartu (nas súas inscricións os reis de Urartu titúlanse reis de Nairi, e escríbense en asirio; e reis de Biaini e señores de Tushpa se o fan en urartiano). O primeiro rei foi Arame ou Arramu, autotitulado erili-erilave (rei de reis), que daría o seu nome á provincia de Aramili (máis tarde chamada Apahuniq), que terá como capital Arzachkun (supostamente a actual Manazkert).

Período de expansión[editar | editar a fonte]

Sarduri I, que sucede a Arramu, e que foi talvez un usurpador, fundou unha dinastía e trasladou a capital a Tushpa (a moderna Van), ás beiras do lago Van, e a fortificou. Seu fillo, Ishpuini, incorporou ao reino o país de Musasir, do que nomeou gobernador a seu fillo (o futuro Sarduri II), pero foi atacado por Shamshi-Adad V de Asiria. O seu verdadeiro sucesor Menua, tamén fillo de Ishpuini, expandiu o reino.

Argisti I aínda ampliou máis os dominios de Urartu cara á rexión do río Araxes e o lago de Iereván, ademais de lograr rexeitar os ataques de Salmanasar IV de Asiria. Foi o momento de maior esplendor de Urartu pois controlaba efectivamente os territorios conquistados e levou a cabo un gran deseenvolvemento económico reflectido na gran cantidade de contrucións hidráulicas, a explotación dos xacementos .mineiros e no control das rotas comerciais. Esta etapa coincidiu coa decadencia do imperio asirio.[7]

Período de decadencia[editar | editar a fonte]

A mediados do século VIII a.C., Urartu vaise enfrontar co reino de Mana, e a finais dese mesmo século comezaron os ataques dos cimerios. Simultaneamente os asirios, liderados por Sargón II tamén atacaron o reino. O monarca Rusa I foi derrotado por Sargón II no lago Urmia, nunha derrota tan grande que o propio Rusa perdeu a vida (714 a.C.).[7]

As invasións escitas continuarían e a finais do século VII a.C. case lograran destruír o reino (as escavacións arqueolóxicas mostran un alto nivel de destrución por lume). Entre 612 a.C. e 585 a.C. o país foi conquistado por tribos tracio-frixias (que acabarían formando o futuro pobo dos armenios), que destruíron o que ficaba do reino. O derradeiro rei de Urartu ou un dos primeiros reis dos invasores armenios submeteuse aos medos e quedou incorporado ao imperio Aqueménida como unha satrapía máis.

Galería de mapas históricos[editar | editar a fonte]

Reis de Urartu ou Biaini[editar | editar a fonte]

Arqueoloxía[editar | editar a fonte]

A descuberta da civilización de Urartu foi realizada en 1827 por Friedrich Eduard Schulz da Sociedade francesa de orientalistas. Schulz foi asasinado por bandidos kurdos en 1829. Continuaron os descubrimentos e intentos de tradución das inscricións. Algúns dos investigadores tería o mesmo desgraciado fin que Schulz. A partir de 1870 as ruínas da zona foron saqueadas por residentes para vender os obxectos a exploradores europeos. A primeira catalogación das inscricións urartianas foi feita por Sir Archibald Henry Sayce e Karl Sester, a fins do século XIX. A estela de Rusa foi descuberta no ano 1891. A rexión pasou a control ruso en 1915 e, entón, Nikolai Jakovlevich Marr e Iosif Abgarovich Orbeli realizaron algunhas descubertas relevantes, especialmente os anais de Sarduri II. Ao longo do século XX fixéronse novos descubrimentos, primeiro na Armenia soviética e despois tamén na parte turca.

Sitios arqueolóxicos[editar | editar a fonte]

Economía[editar | editar a fonte]

A poboación do país dedicábase á agricultura e a gandaría. Traballaban a pedra e os metais e exportaban xerras e potes de metal á rexión de Frixia.

Administración[editar | editar a fonte]

O monarca tiña o poder supremo e, ademais, era gran sacerdote de Khaldi, a principal divindade do país. Algúns templos de Khaldi formaban parte do complexo do pazo real, mais había outros separados.

Relixión[editar | editar a fonte]

A relixión é pouco coñecida pola escaseza de fontes. A máis importante é unha listaxe de sacrificios gravada sobe unha rocha de Meher-Kapushu da que se poideron deducir a existencia dun feixe de deuses.

A principal divindade, como dixemos, era Khaldi, pero a relixión dos urartianos era politeísta. Outras divindades eran Teisheba, deus dos ceos; Teshshub, divindade hurrita; Khurits e Shiwini, deusas do sol.

Lingua e escrita[editar | editar a fonte]

A lingua de Urartu era aglutinante e estaba emparentada coa hurrita, estando clasificada no grupo hurrita-urartiano de linguas; cronoloxicamente a lingua semella ser unha continuación dos dialectos hurritas. Non presenta influencias semitas nin indoeuropeas, mais si relacións con algunhas linguas do Cáucaso. Os investigadores xeorxianos atribúenlle tamén conexións co xeorxiano.

Para escribir utilizouse un sistema local xeroglífico, pero máis tarde adoitouse a escrita cuneiforme asiria, limitando o uso do sistema nacional, que no século VIII a.C ficou reducido a escritos relixiosos e contables.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. González & Martínez & Montero (2000), p. 82
  2. Diakonoff (1992)
  3. 3,0 3,1 Chahin (2001), p. 182
  4. Róna-Tas (1999), p. 76
  5. Frye (1984), p. 73
  6. Lang (1980), pp. 85-111
  7. 7,0 7,1 González & Martínez &Montero (2000), p. 84

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]