Reino de Breifne

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaReino de Breifne

Localización
CapitalDromahair (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Creaciónséculo VII Editar o valor em Wikidata
Disolución1256 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porWest Breifne (en) Traducir e East Breifne (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Irlanda en 1014. Móstranse os diferentes reinos que a compoñen. No sentido das agullas do reloxo a partir do nordeste: Ulidia, Oriel, Ui Neill meridionais (Meath), Leinster, Munster, Connaught, Breifne (en rosa) e Ui Neill setentrionais. As cidades estado LeDubh Linn (Dublín), Wexford, Waterford, Cork e Limerick son tamén visíbeis.

O Reino de Bréifne, tamén coñecido como Breffny, Brefnie, ou Brenny, que en irlandés significa montañoso, foi o territorio tradicional dun grupo tribal da Irlanda nomeado os Uí Briúin Bréifne.

O territorio de Bréifne incluía os modernos condados irlandeses de Leitrim e parte do Condado de Cavan, unha zona que abrangue a moderna diocese de Kilmore.

No seu apoxeo no século XII, cando Tighearnán Ua Ruairc (Tiernan O'Rourke) foi o rei de Bréifne, espallouse dende Kells no Condado de Meta até Drumcliffe no Condado de Sligo.

En 1296, segundo os Anais dos Catro Mestres Maelpeter O'Duigennan, arcediago de Breifny...morreu.

En 1256, tivo lugar unha gran batalla entre os O'Rourke e os O'Reilly preto de Ballinamore. Isto conduciu á división de Breifne entre as dúas familias e a rexión de Bréifne escindiuse entre oe reino de Breifne occidental e o reino de Breifne oriental.

Os reis Ó Ruairc (O'Rourke) mantiveron a súa soberanía sobre o West occidental (principalmente o condado de Leitrim). A rexión do reino de Bréifne constituíu unha parte do reino de Connacht ata a época da raíña Sabela I de Inglaterra. Nesta época, dividiuse entre os condados modernos de Cavan e Leitrim, Leitrim formou parte da provincia de Connacht mentres que Cavan pasou a formar parte do Ulster. Os Ó Ruairc foron eficaces lords de Breifne O'Rourke ata o convulso século XVI.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Lista dos reis de Breifne.