Reino de Nova Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaReino de Nova Galicia
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata
Estado desaparecidoImperio Español
VicerreinadoVicerreinado de Nova España Editar o valor em Wikidata
CapitalTepic (pt) Traducir (1532–1540)
Compostela (1540–1560)
Guadalaxara (1560–1825) Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Creación1531 Editar o valor em Wikidata
Disolución1825 Editar o valor em Wikidata

O Reino de Nova Galicia, estaba formado por tres provincias maiores que abranguían a Provincia de Nova Galicia (Nayarit e Xalisco), a Provincia dos Zacatecas (Aguascalientes e Zacatecas) e a Provincia de Colima (Colima). O Reino de Nova Galicia era un dos dous únicos reinos autónomos dentro do Vicerreinado de Nova España. A conquista do territorio foi consumada por Nuño Beltrán de Guzmán. A primeira capital foi Tepic, trasladada en 1540 a Compostela, onde se estableceu un bispado sufragáneo do arcebispado. En 1560, a capital volveuse trasladar, esta vez a Guadalaxara. En 1786 as divisións políticas da Nova España foron establecidas en intendencias, por tanto, as Provincias de Nova Galicia e Colima pasaron a ser a Intendencia de Guadalaxara e a Provincia dos Zacatecas pasou a ser a Intendencia de Zacatecas.[1][2]

Historia[editar | editar a fonte]

Nuño de Guzmán impuxo o nome de "Conquista do Espírito Santo da Maior España" aos territorios explorados e conquistados por el. Con todo, a raíña Sabela de Portugal, esposa de Carlos I, non estivo conforme co nome que lle outorgou Nuño de Guzmán ao territorio conquistado, polo que, por Real Cédula dada en Ocaña (España) o 25 de xaneiro de 1531, ordenou que se nomease ao territorio conquistado como "Reino de Nova Galicia" e se fundase unha cidade co nome de "Santiago de Galicia de Compostela" como capital.

Primeira organización territorial[editar | editar a fonte]

Segunda organización territorial[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Provincias Maiores do Reino de Nova Galicia" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de xullo de 2011. Consultado o 25 de outubro de 2009. 
  2. División Antiga de Nova España (Espagnol)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]