Reinhard Bendix

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Reinhard Bendix, nado en Berlín o 25 de febreiro de 1916 e finado en Berkeley o 28 de febreiro de 1991, foi un sociólogo estadounidense de orixe alemá.


Traxectoria[editar | editar a fonte]

De familia xudía acomodada, logo de estudar na súa cidade natal, en 1934 estivo un ano en Londres. Oposto ao nazismo, pertenceu a Neu Beginnen e Hashomer Hatzair, grupos que chamaban á resistencia contra os nazis. En 1938 emigrou aos Estados Unidos, proseguindo os seus estudos de doutoramento na Universidade de Chicago, naturalizado estadounidense en 1943, nese ano e ata 1946 deu clases na Universidade de Chicago, despois en 1947 pasou á Universidade de Colorado antes de se mover ao departamento de socioloxía da Universidade de California, Berkeley en 1947, onde continuaría o resta da súa carreira.

Bendix foi presidente da American Sociological Association en 1970 [1], e de 1968 a 1970 foi director do programa de educación exterior en Göttingen da Universidade de California. En 1972 ingresou no departamento de ciencia política de Berkeley.

Gran parte da súa obra está centrada na autoridade e relacións económicas, porén foi tamén un dos principais estudosos da obra de Max Weber e está considerado un arquitecto de pontes intelectuais entre os Estados Unidos e Alemaña [2]

Obras[editar | editar a fonte]

Libros[editar | editar a fonte]

  • Work and Authority in Industry, (1956)
  • Social Mobility in Industrial Society con Seymour M. Lipset (1959), ISBN 0-88738-760-8 edición online
  • Max Weber: An Intellectual Portrait, (1960)
  • Nation-Building & Citizenship: Studies of Our Changing Social Order, (1964)
  • Kings or People: Power and the Mandate to Rule, (1978)
  • Force, Fate and Freedom, (1984)
  • From Berlin to Berkeley, (memorias, 1986)
  • Embattled Reason, Vol. 1, (1988)
  • Embattled Reason, Vol. 2, (1989)
  • Unsettled Affinities, (póstuma, 1993)

Artigos[editar | editar a fonte]

  • “State, Legitimation, and 'Civil Society'”. TELOS 86 (Winter 1990-91). New York: Telos Press

Notas[editar | editar a fonte]