Reina del Carmen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Reina del Carmen
Tipopesqueiro e museo
EnBurela
PaísGalicia
43°39′34″N 7°21′15″O / 43.659463028342, -7.3542085722619
editar datos en Wikidata ]

O Barco Museo Boniteiro Reina del Carmen é un barco museo atracado no porto de Burela.[cando?] Coa súa recuperación e reconversión en museo, o concello de Burela dotaba á vila dun atractivo turístico, ao mesmo tempo que recuperaba unha parte da historia máis recente da localidade e rendía unha merecida homenaxe á xente do mar.

Descrición do barco[editar | editar a fonte]

Con 25 metros de eslora, o casco do barco foi contruído de distintas madeiras como carballo ou eucalipto para as cadernas e quilla respectivamente.

Historia[editar | editar a fonte]

Construído en 1967, sae por primeira vez do porto de Burela o 27 de xuño de 1968 para realizar a costeira do bonito do norte. Durante a súa longa vida, dedicouse á pesca de peixe espada, pescada ou bocareu. A súa última singradura realízaa desde o porto de Santander a Burela o 27 de setembro de 1998.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]