Rexión Norte, Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Região Norte»)
Modelo:Xeografía políticaRexión Norte, Portugal
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 41°08′59″N 7°36′36″O / 41.149722, -7.61Coordenadas: 41°08′59″N 7°36′36″O / 41.149722, -7.61
EstadoPortugal
NUTS 1 (pt) TraducirPortugal continental Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación4.196.354 (2007) Editar o valor em Wikidata (197,22 hab./km²)
Xeografía
Superficie21.278 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Fuso horario
Código NUTSPT11 Editar o valor em Wikidata

A Rexión Norte de Portugal é unha rexión que comprende os distritos de Viana do Castelo, Braga, Porto, Vila Real e Braganza, así como parte dos distritos de Aveiro, Viseu e Guarda.

Limita ao norte con Galiza, ao sur coa Rexión Centro de Portugal, ao leste con Castela e León e ao oeste co Atlántico. Ten unha extensión de 21.278 km² (un 24 % do Portugal Continental) e no 2007, na rexión habitaban 4.196.354 persoas (un 37 % do Portugal continental).

Historicamente formaba parte da Gallaecia sur, constituíndo gran parte do Convento Bracarense con sé na vila de Braga. Formou tamén parte do Antigo Reino de Galiza. Cultura, costumes e paisaxe son aínda comúns con Galicia.

Subrexións[editar | editar a fonte]

Comprende 8 subrexións estatísticas: Alto Trás-os-Montes, Ave, Cávado, Douro, Entre Douro e Vouga, Grande Porto, Minho-Lima e Támega

Composición territorial[editar | editar a fonte]

A Rexión Norte comprende 86 concellos, un 27,8 % da totalidade do estado.