Reggie Williams

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Reggie Williams
San Antonio Spurs – No. 55
Posición Escolta / Ala
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 14 de setembro de 1986 (37 anos)
Prince George, Virxinia
Nacionalidade Estados Unidos
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 93 kg (205 lb)
Información da carreira
Instituto Prince George HS
Universidade Virginia Military Institute (2004–2008)
Carreira dende 2008
Historial de equipos
JDA Dijon (2008-2009)
Sioux Falls Skyforce (2009-2010)
Golden State Warriors (2010-2011)
Caja Laboral (2011)
Charlotte Bobcats (2011-2013)
Tulsa 66ers (2013-2014)
Oklahoma City Thunder (2014)
Tulsa 66ers (2014)
San Miguel Beermen (2014)
Oklahoma City Blue (2014-2015)
San Antonio Spurs (2015-presente)
Información en nba.com

Reginald Leon "Reggie" Williams II, nado o 14 de setembro de 1986 en Prince George, Virxinia, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que actualmente xoga nos San Antonio Spurs da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Tras graduarse no Virginia Military Institute, Williams asinou co JDA Dijon Basket francés. Tras xogar en Francia, xogou na NBA Development League, onde foi elixido no Draft polos Sioux Falls Skyforce. Acadou 26 puntos e 5.7 rebotes por partido cos Skyforce antes de asinar un contrato de dez días cos Golden State Warriors, o 2 de marzo de 2010.[1] O 12 de marzo de 2010, asinou outro contrato de dez días cos Warriors,[2] e máis tarde, o 22 de marzo, os Warriors ficharon a Williams para o resto da tempada.[3]

O 21 de xuño de 2011, Williams asinou unha oferta feita polos Warriors para converterse en axente libre restrinxido.[4]

Tras o anuncio do lockout da NBA de 2011, o 23 de agosto de 2011 Williams asinou un contrato co Caja Laboral da Liga ACB.[5]

O 11 de decembro de 2011, os Warriors rescindiron a oferta que lle fixeran a Williams para poder facerlle unha oferta ó pivote dos Los Angeles Clippers DeAndre Jordan, facendo a Williams axente libre non restrinxido.[6]

O 15 de decembro de 2011, Williams asinou un acordo por dous anos e 5 millóns de dólares cos Charlotte Bobcats.[7]

O 19 de xullo de 2013, asinou un contrato multianual cos Houston Rockets.[8] Porén, foi cortado polos Rockets o 28 de outubro de 2013.[9]

O 28 de xaneiro de 2015, Williams asinou un contrato de dez días cos San Antonio Spurs.[10] O 8 de febreiro, asinou un segundo contrato dez días,[11] e o 20 de febreiro de 2015, asinou cos Spurs para o resto da tempada.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Warriors Sign Reggie Williams From NBA D-League To 10-Day Contract". NBA.com. 2010-03-02. Consultado o 2010-03-06. 
  2. "Warriors Sign Reggie Williams To Second 10-Day Contract". NBA.com. 2010-03-12. Consultado o 2010-03-21. 
  3. "Warriors Sign Reggie Williams For Remainder of Season". NBA.com. 2010-03-22. Consultado o 2010-03-23. 
  4. "Warriors Extend Qualifying Offer To Reggie Williams". NBA.com. 2011-06-21. Consultado o 2011-12-15. 
  5. "CAJA LABORAL tabs scoring ace Williams". euroleague.net. 2011-08-23. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2012. Consultado o 2011-12-15. 
  6. "Warriors Waive Charlie Bell; Designate Him As Team's Amnesty Player". NBA.com. 2011-12-11. Consultado o 2011-12-15. 
  7. "Bobcats Sign Guard Reggie Williams". NBA.com. 2011-12-15. Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2012. Consultado o 2011-12-16. 
  8. Rockets Ink Brooks and Williams
  9. "Houston Rockets waive Marcus Camby and Reggie Williams". InsideHoops.com. 28 de outubro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2014. Consultado o 28 de outubro de 2013. 
  10. Spurs Sign Reggie Williams to 10-Day Contract
  11. Reggie Williams to a second 10-day contract
  12. Spurs sign forward Reggie Williams

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]