Regent Street

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Regent Street, vista norte desde Oxford Circus.

Regent Street é unha rúa de Londres que ten grande importancia na historia da arquitectura pola reforma urbanística feita entre (1811-1830) por John Nash. Realízase por necesidade social, especuladora. Queríase crear un barrio para a burguesía e tamén un parque para os burgueses que o distingue dos "parques reais" e "aristocráticos" (St.James Park e Green Park da realeza, e High Park da aristocracia).

Regent's Park[editar | editar a fonte]

No parque a idea das "Terraces" é moi orixinal, adapta a tipoloxía ao ambiente: baixo, estreito, alongado. Dende o parque tense a impresión de burbulla social, as casas miran ó parque, polo que os burgueses teñen vistas de todo o parque. A segunda parte conecta a zona burguesa coa zona importante da cidade, mediante unha gran rúa, aceptando condicións dadas. Avenida o máis recta posíbel pero vai adaptándose.

O parque foi deseñado por Nash e Rempton. Establece división de 2 grandes zonas:

1."Inner Circle", xardíns botánicos, lugar de reunións. 2."Outer Circle", circulación rápida o redor de todo o parque.

Relaciona o edificio coa rúa poñendo un arco do triunfo.

As "Terraces" serven como tea de fondo do parque. Xera comezo e remate dos edificios. Aterrazamento elevado entre rúa e parque.

Establece ritmos cos pórticos, sen decoracións nin simbolismo. Casas de pisos nunha gran composición, dando unha aparencia nobre.

Arquitectura humana, doméstica, e adaptada a unha burguesía emerxente. "Cumberland Terrace" Existe un piso de entrada, debaixo dun patio inglés, 1º andar dormitorios, 2º nenos e criados, se desenrolan en altura. Na planta baixa se desenvolven estudios, talleres, salóns de recepción... Frentes Avanzados que proporcionan perspectivas, cambio de ritmo, sombras.

Nash busca as perspectivas, nunca un alzado frontal.

Transicións entre parque e cidade, o 1º elemento é unha praza cadrada con unha semicircular que une este parque con "Regent Street".

"Park Crescent" ten uns edificios curvos, cun tratamento máis modesto con terminacións en frontóns, columnatas e fiestras reafundidas. "Portland Place" Nash o incorpora o deseño (tramo máis señorial onde se encontra o RIBA -colexio de arquitectos-).

Para regular "Langham place" pon un edificio con pórtico circular e cunha agulla para que se vea dende lonxe.

"Picadilly circus" lugar de encontro con edificios de tódolos estilos. Baixamos ata a columna que termina en Saint Jame's Park.

"Quadrant", son as torretas de terminación, columnata en planta baixa que se derribou, agora soamente se conserva a forma circular.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]