Refuxio de montaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Refuxio de montaña de Balmhornhütte, Suíza.

Un refuxio de montaña ou albergue de montaña é un edificio destinado a aloxar e protexer das inclemencias meteorolóxicas a alpinistas ou excursionistas situado en zonas de montaña, xeralmente de difícil acceso, ou en núcleos rurais. A maioría están xestionados por un Club alpino.

Características[editar | editar a fonte]

Os refuxios de montaña tradicionais só dispoñen dos servizos básicos: sanitarios, cociña comunitaria e aloxamento, compartindo a habitación co resto de montañeiros. A maioría ten algún tipo de xerador eléctrico e contan cunha emisora en caso de problemas. Os novos albergues tenden a introducir servizos propios de hoteis, por exemplo ofrecendo comidas, aínda que o seu confort segue sendo rústico.

A maioría son propiedade dun Club alpino, que ofrece descontos aos seus socios. Da súa xestión encárganse os gardas, nomeados polo club. Estes gardas poden habitar no albergue de forma permanente ou ben, polo seu difícil acceso ou durante a tempada de inverno, ocuparse periodicamente do seu mantemento.

Galería[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]