Refuxio Roxelio Pereira Muíños

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°15′1.38″N 6°53′34.06″O / 42.2503833, -6.8927944 O refuxio Roxelio Pereira Muíños, tamén coñecido como refuxio da Ponte, é un refuxio de montaña situado na parroquia da Ponte, no concello da Veiga. Situado no val do Xares, nas proximidades de Pena Trevinca, é propiedade da Federación Galega de Montañismo.

Características[editar | editar a fonte]

O refuxio dispón de dúas amplas liteiras con capacidade para 30 persoas, así como luz eléctrica, auga corrente, ducha de auga quente, calefacción, caixa de urxencias, lugar para cociñar e cheminea.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]