Refuxio Elena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 45°53′03″N 7°03′56″E / 45.88417°N 7.06556°E / 45.88417; 7.06556 O refuxio Elena (italiano: Rifugio Elena; francés: Refuge Hélène) é un refuxio de montaña dos Alpes Graios, situado na comuna de Courmayeur (Val de Aosta, Italia), no Val Ferret. Está a unha altitude de 2.062 metros.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi construído pouco despois da Primeira Guerra Mundial, mais unha avalancha destruiuno en 1965. Foi reconstruído en 1995.

Datos e características[editar | editar a fonte]

Atópase no Val Ferret, na localidade de Arnouvaz xusto debaixo da Col Ferret (2.643 m). É doado chegar a el por un amplo camiño. Ten unha excelente gastronomía e é un lugar de descanso para as excursións ao Bivacchi Fiorio e ao Colli Petit Ferret e Grand Ferret.

Leva o nome da raíña Elena de Montenegro, esposa do rei de Italia Vittorio Emanuele III.

Acceso[editar | editar a fonte]

O acceso faise a partir do Val Ferret. Unha vez na localidade de Arnouvaz (1.769 m) seguir o camiño e despois dunha hora chégase ao refuxio.

Ascensións[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]