Refrixeración por compresión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Compresor industrial de 86 Hp para R22.

A refrigeración por compresión consiste en forzar mecanicamente a circulación dun fluído por un circuíto pechado creando zonas de alta e baixa presión co propósito de que o fluído absorba calor nun lugar e a disipe noutro.

Máquina frigorífica por compresión mecánica[editar | editar a fonte]

Unha máquina frigorífica por compresión ten por cometido desprazar enerxía térmica en forma de calor entre dous puntos. A máis simple delas é a refrixeración por compresión mecánica dunha soa etapa.

A refrixeración por compresión lógrase evaporando un gas refrixerante en estado líquido a través dun dispositivo de expansión dentro dun intercambiador de calor, denominado evaporador. Para evaporarse este require absorber calor latente de vaporización. Ao evaporarse o líquido refrixerante, cambia o seu estado a vapor. Durante o cambio de estado o refrixerante en estado de vapor absorbe enerxía térmica do medio en contacto co evaporador, ben sexa este medio gasoso ou líquido. A esta cantidade de calor contida no ambiente denomínase carga térmica. Logo deste intercambio enerxético, un compresor mecánico encárgase de aumentar a presión do vapor para poder condensalo dentro doutro intercambiador de calor coñecido como condensador e facelo líquido de novo. Neste intercambiador libéranse do sistema frigorífico tanto a calor latente como a sensible, ambas compoñentes da carga térmica. Xa que este aumento de presión ademais produce un aumento na súa temperatura, para lograr o cambio de estado do fluído refrixerante -e producir o arrefriamento do mesmo- é necesario arrefrialo no interior do condensador; isto adóitase facer por medio de aire ou auga ou ambos conforme o tipo de condensador, definido moitas veces en función do refrixerante. Deste xeito, o refrixerante en estado líquido, pode evaporarse novamente a través do dispositivo de expansión e repetir o ciclo de refrixeración por compresión. Para mellorar o funcionamento do sistema é necesario introducir disposivos de control como son o termóstato, presóstato, válvula magnética, válvula de seguridade, entre outros. Tamén son recomendables elementos auxiliares como recipiente de líquido refrixerante, filtro deshidratador, silenciador, visor líquido refrixerante, separador de aceite, entre outros.

Diagrama Ph de sistema frigorífico de compresión mecánica e expansión directa dunha etapa.

Outra modalidade de evaporación do refrixerante corresponde a un amaño que permite realizar a vaporización do refrixerante na saída do evaporador, dando unha maior superficie efectiva a este intercambiador ao mantelo cheo de líquido e, por conseguinte, un maior rendemento. Non obstante, o anterior non é posible de realizar en todo tipo de sistemas de refrixeración, xa que require voluminosas instalacións anexas e sistemas de bombeo para alimentar aos denominados evaporadores inundados, utilizados xeralmente en plantas frigoríficas ou cámaras de refrixeración industriais.

É así como a máquina frigorífica de refrixeración por compresión despraza a enerxía entre dous focos; creando zonas de alta e baixa presión confinadas en intercambiadores de calor, producíndose estes procesos de intercambio de enerxía cando o fluído refrixerante se atopa en procesos de cambio de estado; de líquido a vapor e viceversa.

Unidades de medida[editar | editar a fonte]

Hai que distinguir, na potencia, dúas magnitudes: potencia absorbida (en enerxía mecánica, sexa con motor eléctrico, con motor de explosión ou con turbina) e potencia de arrefriamento ou de refrixeración

Máquinas que aplican a refrixeración por compresión[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]