Refrixeración por absorción

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ciclo de absorción.

Denomínase refrixeración por absorción á utilización da propiedade que teñen algúns líquidos (disolventes) de absorber un fluído refrixerante. Isto conséguese variando as súas características físicas, segundo o estado físico no que se atopen.

Existen varios tipos de máquinas para obter este servizo.

Tipos[editar | editar a fonte]

Máquina de absorción auga-amoníaco.

Máquina de absorción auga-bromuro de litio.

Funcionamento[editar | editar a fonte]

A máquina de absorción auga-amoníaco está composta fundamentalmente por dous bloques que conforman un ciclo continuo de refrixerante en movemento. Inicialmente temos unha solución de auga-amoníaco nun tanque denominado absorbedor, onde o amoníaco (refrixerante), ao estar a baixa temperatura é absorbido pola auga (disolvente). A solución lévase mediante unha bomba ao seguinte tanque, denominado ebullidor, onde a fonte de calor externa eleva a temperatura ata que o amoníaco se separa da auga en forma de gas. O vapor sae do tanque e é filtrado para que non arrastre partículas de auga. Nesta parte do ciclo, o amoníaco funciona coma se estivese nun ciclo frigorífico convencional: pasa por un condensador e prodúcese a licuación; na válvula de expansión transfórmase en gas e baixa a presión, entra no evaporador onde se evapora e consegue así absorber a calor do exterior. Ao saír do evaporador o amoníaco vértese no absorbedor onde se mestura coa disolución pobre en amoníaco que vén dende o ebullidor tras pasar polo intercambiador térmico que enfronta as saídas do ebullidor e do absorbedor. Así conséguese manter unha optimización da temperatura de traballo, tanto para o quentamento da solución antes da entrar no ebullidor, como para o arrefriamento cara ao absorbedor. A solución auga-amoníaco, antes de entrar no absorbedor, é regulada por unha válvula de caudal que xestiona a súa mestura. No absorbedor é conveniente que exista unha refrixeración extra para favorecer o arrefriamento da auga e así obter unha mellor mestura.

Idea xeral[editar | editar a fonte]

A zona de alta presión comprende o ebullidor, o separador de gotas e o condensador. A zona de baixa presión comprende o evaporador e o absorbedor. O intercambiador e a bomba traballan sobre as dúas zonas. Deste xeito, conséguese que a auga no absorbedor se evapore en torno aos 0ºC e consiga absorber o amoníaco ata 1000 veces o seu volume e no ebullidor, ao acadar os 100ºC, se desprenda case na súa totalidade del.

A utilización deste tipo de máquina para a refrixeración acada valores de rendemento moi altos, chegando a equipararse a utilización de motores alternativos, cando o foco de calor que se utiliza no ebullidor pertence a unha fonte residual; por exemplo, o exceso de enerxía dun captador solar no verán, ou en grandes industrias.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]