Referendo sobre a independencia do Sudán do Sur de 2011
O referendo sobre a independencia do Sudán do Sur celebrouse do 9 ao 15 de xaneiro de 2011[1]para decidir se a rexión debería seguir formando parte de Sudán ou converter ao Sudán do Sur nun novo estado independente.[2]. O referendo foi unha das consecuencias do Acordo de Naivasha entre o goberno central de Khartoum e o Movemento Popular de Liberación do Sudán en 2005[3].
Estaba previsto celebrar asemade un referendo en Abyei para decidir se quería ser parte de Sudán do Sur pero pospúxose debido a conflitos sobre a demarcación e dereitos de residencia.[4]
A comisión do referendo publicou o 7 de febreiro de 2011 os resultados definitivos, o 98.83 dos votantes deron o si á independencia.[5] En 10 dos 79 condados suspendéronse as eleccións por pasar do 100% a porcentaxe de votantes, así e todo o número de votos superou o requerimento do 60% de participación para dar por válidas as eleccións. O 9 de xullo o país proclamou a súa independencia.[6]
Notas [editar]
- ↑ "First day of south Sudan referendum ends peacefully". tehran times. http://www.tehrantimes.com/Index_view.asp?code=233845. Consultado o 5 de maio de 2011.
- ↑ Road to 2011 referendum is full of obstacles – South Sudan's Kiir Sudan Tribune, 12 de xullo de 2007
- ↑ A independencia de Sudán do Sur: outra evidencia de “dobre moral” internacional? IGADI Paper 55 (2011)
- ↑ By Mark Bixler, CNN (5 January 2011). "Historic day ahead after decades of war". CNN. http://www.cnn.com/2011/WORLD/africa/01/05/sudan.historic.day/. Consultado o 10 January 2011.
- ↑ "South Sudan backs independence – results". BBC News. 7 de febreiro de 2011. http://www.bbc.co.uk/news/world-africa-12379431.
- ↑ Sudan referendum: what's being voted on and what will happen? The Telegraph. 8 de xaneiro de 2011