Referendo escocés de 1997

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Referendo escocés»)
Para ver información sobre consultas anteriores, ver referendo escocés de 1979

O Referendo escocés foi unha consulta popular que se lle fixo á cidadanía escocesa o 11 de setembro de 1997 sobre o que se coñeceu como a devolución do parlamento, isto é, a creación dunha cámara lexislativa propia. O resultado foi afirmativo.

Preguntas[editar | editar a fonte]

O referendo escocés de 1997 era un referendo prelexislativo que tivo lugar unicamente en Escocia. O referendo foi establecido polo goberno laborista de Tony Blair, que acababa de gañar as eleccións. Era a segunda consulta que se celebraba no territorio escocés sobre a cuestión da reinstauración dun parlamento autónomo con sede en Edimburgo, despois da frustrada de 1979.

Aos escoceses e escocesas preguntóuselle daquela por dúas cuestións:

  1. Está vostede de acordo en que exista un Parlamento escocés?
  2. Está vostede de acordo en que ese parlamento teña capacidade para variar os impostos?

Posicionamentos[editar | editar a fonte]

Resultados[editar | editar a fonte]

O resultado foi afirmativo para as dúas preguntas.

Primeira pregunta: a cámara[editar | editar a fonte]

Si Si (%) Non Non (%) Participación (%)
1,775,045 74.3 614,400 25.7 60.4

Segunda pregunta: os impostos[editar | editar a fonte]

Si Si (%) Non Non (%) Participación (%)
1,512,889 63.5 870,263 36.5 60.4

Resposta do goberno[editar | editar a fonte]

Estes resultados supuñan un claro apoio á restauración da cámara lexislativa en Escocia. Ora ben, con estes mesmos resultados non se obtería tampouco o apoio que esixía a primeira das consultas, que necesitaba un 50% sobre o electorado, e non sobre o voto emitido. Aínda así, os resultados foron moito máis amplos ca en 1979.

Como consecuencia desta resposta popular, o parlamento británico aprobou a Lei de Escocia de 1998, pola que se creaba un parlamento escocés e un goberno escocés.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]