Referendo de autodeterminación de Cataluña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O referendo de autodeterminación de Cataluña é un referendo sobre o "futuro político de Cataluña"[1] que está previsto que se celebre durante o 2014 segundo un acordo de gobernabilidade ratificado por Artur Mas por parte de Convergència i Unió e Oriol Junqueras por parte Esquerra Republicana de Catalunya o 18 de decembro do 2012,[2][3][4][5] e coñecido como "Pacto pola Liberdade".[2][6][7] O texto indica que a data do referendo será acordado por ámbalas partes, e que os dous comprometeranse en mantelo no 2014 "agás se o contexto socioeconómico e sociopolítico fai necesario pospoñelo."[1][8] Como parte do acordo, Artur Mas foi investido Presidente da Generalitat de Cataluña por segunda volta. O referendo iría precedido da aprobación dunha Lei de consultas durante o 2013.

O 12 de decembro de 2013, o Goberno de Cataluña anunciou que a data do referendo de independencia celebrarase o 9 de novembro de 2014 e que conterá unha pregunta con dúas seccións: "Quere que Cataluña sexa un Estado?" e "En caso de resposta afirmativa, ¿quere que Cataluña sexa un Estado independente?".[9][10] O Goberno de España declarou pouco despois a súa intención de bloquear o referendo, afirmando que "Tal enquisa non se celebrará."[11][12]

Diante dunha eventual negativa do Goberno Español á aprobación dunha consulta legal sobre a independencia de Cataluña ou ao total impedimento dunha consulta mediante a lei catalá por parte das institucións españolas, o presidente Artur Mas declarou o 5 de setembro do 2013 que habería que convocar unhas eleccións en clave plebiscitarias. Unhas eleccións que se deberían celebrar como moi tarde no 2016 xa que é o derradeiro ano de lexislatura.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Procés de convocatòria de la consulta sobre el futur polític de Catalunya" (en ca). http://ep00.epimg.net/descargables/2012/12/18/1e01365afce100887a3a1d18836be2a2.pdf. Consultado o 17 de setembro de 2013.
  2. 2,0 2,1 "CIU and ERC came to an agreement in Catalonia: Referendum in 2014" (en ca). VilaWeb. 18 de decembro de 2012. http://www.vilaweb.cat/noticia/4066661/20121218/ciu-and-erc-come-to-an-agreement-in-catalonia-referendum-in-2014.html. Consultado o 18 de decembro de 2012.
  3. Separatist Catalan Parties Announce Alliance The New York Times, 18 de decembro de 2012
  4. Agreement in Catalonia on date of independence referendum Euronews, 19 December 2012
  5. Catalonia referendum set for 2014 Financial Times, 19 de decembro de 2012
  6. "Mas and Junqueras come to an agreement on helding the independence referendum on 2014" (en ca). Diari Ara. 18 de decembro de 2012. http://www.ara.cat/politica/Artur_Mas-Oriol_Junqueras-CiU-ERC_0_830917107.html.
  7. "Artur Mas and Oriol Jonqueras sign the "Agreement for the Freedom"" (en ca). The Singular Digital. 19 de decembro de 2012. http://www.elsingulardigital.cat/cat/notices/2012/12/mas_i_junqueras_segellen_el_pacte_per_la_llibertat_91987.php. Consultado o 30 de decembro de 2012.
  8. El País. 18 de decembro de 2012. http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/12/18/catalunya/1355821961_967807.html.
  9. Catalan President Mas: "The country's good sense has made it possible to come to a consensus and agree on an inclusive, clear question, which enjoys broad support", Goberno de Cataluña.
  10. Political parties announce date for vote on Catalonia independence, CNN.
  11. Spain to block Catalonia independence referendum, BBC World.
  12. Spain Rejects Call for Catalonia Independence Vote, TIME.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]