Reebok
| Tipo | Subsidiaria de Adidas AG[1] |
|---|---|
| Fundación | 1895, Bolton, Inglaterra |
| Localización | Canton, Massachusetts, USA |
| Industria | Téxtil |
| Páxina web | http://www.reebok.com |
Reebok International Limited é unha das empresas máis famosas do mundo. Reebok é unha marca de roupa deportiva, fabrica zapatillas deportivas, chándales e outros accesorios. A compañía fundouse en 1895 co nome de Mercury Sports, non foi até 1960 que se renomaría a Reebok.
Hoxe en día, pertence ao grupo alemán Adidas AG.
Índice |
Comezos [editar]
Reebok é fundada en 1895 en Bolton, Inglaterra. Foi fundada por Joseph William Foster baixo a súa compañía J.W. Foster and Sons Limited.
Logotipo [editar]
Inspirado nun antílope africano chamado rhebok, o logo representa un antilope simplificado chamado "vector". A marca tamén simplificou o nome a Reebok.
Provedor [editar]
A empresa manexa exclusivamente os dereitos de fabricar e comercializar os uniformes da NFL desde 2002, a Canadian Football League desde 2004, e é a provedora oficial de calzado para a NFL e a Major League Baseball.
Xogadores de Tenis [editar]
No circuíto de tenis profesional, algúns xogadores utilizan esta marca en todos os seus partidos, entre estes xogadores atópanse o peruano Luís Horna e o español Nicolás Almagro
Noticias recentes [editar]
En xaneiro de 2006, Reebok é adquirida por 3.100 millóns de euros por Adidas Group coa intención de competir contra Nike, sobre todo no mercado estadounidense.
En outubro de 2006, Reebok saca o seu primeiro Reebok I am what I am ( Eu son o que eu son ).