Redonda, Corcubión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Redonda
Igrexa de San Pedro de Redonda
ConcelloCorcubión[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°55′18″N 9°12′13″O / 42.92166667, -9.20361111Coordenadas: 42°55′18″N 9°12′13″O / 42.92166667, -9.20361111
Poboación213 hab. (2018)
Entidades de poboación6[1]
editar datos en Wikidata ]

San Pedro de Redonda é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Corcubión. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 213 habitantes (122 mulleres e 91homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 281 habitantes.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Igrexa parroquial e cruceiro.

A igrexa parroquial de San Pedro de Redonda é románica do século XII, con pinturas tardías (século XVII) na bóveda e o muro da ábsida. A fachada que presenta un esquema pentagonal e ten un arco de medio punto apoiado no muro. A decoración exterior ten motivos vexetais. Destacan a espadana dun corpo con dous arcos de medio punto peraltados sobre alicerces, un frontón, dous acróteros piramidais e unha cruz. No interior hai retablos con imaxes. Hai unha talla gótica de San Pedro duns 40 cm, e outras imaxes da Virxe das Mercés, a Virxe do Carme, San Xoán Bautista e a Virxe do Rosario. Forma conxunto co camposanto e un cruceiro.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Redonda[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Redonda no concello coruñés de Corcubión

A Amarela | A Oliveira | Quenxe | Redonda | San Roque | O Vilar

Parroquias de Corcubión[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Corcubión

Corcubión (San Marcos) | Redonda (San Pedro)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]