Red Road

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Red Road
Ficha técnica
Título orixinalRed Road
DirectorAndrea Arnold
ProdutorCarrie Comerford
GuiónAndrea Arnold
IntérpretesKate Dickie, Tony Curran
FotografíaRobbie Ryan
MontaxeNicolas Chaudeurge
DistribuidoraTartan Films (Estados Unidos)
Estrea20 de maio de 2006 (Cannes)
27 de outubro de 2006 (Reino Unido)
Duración113 minutos
OrixeReino Unido Reino Unido
Na rede
IMDB: tt0471030 Filmaffinity: 601648 Allocine: 111304 Rottentomatoes: m/red_road Allmovie: v348252 TCM: 649427 Metacritic: movie/redroad TV.com: movies/red-road Netlix: 70050590Editar o valor em Wikidata

Red Road é unha película escocesa dirixida por Andrea Arnold, estreada no ano 2006. Conta a historia dunha operadora de seguridade de CCTV que observa a través dos monitores un home do seu pasado. O nome do filme provén dos chamados edificios Red Road, onde se asenta parte da película, que se atopaban en Barmulloch, Glasgow, que foron os edificios residencias máis altos de Europa no momento da súa construción.[1] O seu estilo enmárcase no movemento Dogma 95, co emprego de luz natural e cámaras de man.

Red Road é a primeira película da triloxía Advance Party, un proxecto de triloxía que ía seguir certas regras de como as películas debían ser escritas e dirixidas: todas serían rodadas e emprazadas en Escocia, usando os mesmos personaxes e actores, cada película sería dirixida por un director diferente debutante...[2] The Observer fíxolle unha enquisa a varios directores e críticos de cine, situando esta película como unha das mellores películas británicas dos últimos 25 anos.[3]

Argumento[editar | editar a fonte]

Jackie Morrison traballa como operadora de CCTV para o concello de Glasgow. Mira a xente no seu día a día, e intenta protexela como pode. No filme, preséntase a esta persoa como, a pesar de ollar o mundo con grande atención, cunha vida illada del.

Un día ve un home a través das pantallas de vixilancia, un home que pensaba que nunca máis volvería ver. Tornarase unha obsesión seguilo, tanto a través das cámaras como en persoa. Jackie asiste a unha festa no piso do home nos edificios Red Road co obxectivo de saber máis sobre el. Vaise creando bastante tensión pois, entre outras cousas, o espectador non coñece as causas da obsesión de Jackie por este home, causas que imos coñecendo a pouquiños.

Elenco[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio do xurado do festival de cine de Cannes de 2006[4]
  • BAFTA Escocia 2006 - Mellor guión
  • BAFTA Escocia 2006 - Mellor actriz nun filme escocés (Kate Dickie)
  • BAFTA Escocia 2006 - Mellor actor nun filme escocés (Tony Curran)
  • BAFTA Escocia 2006 - Mellor director
  • BAFTA Escocia 2006 - Mellor filme
  • Festival de Cine de Londres de 2006, Sutherland Trophy "ao director do primeiro filme máis orixinal" [1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Red Road Flats, Glasgow Digital Library
  2. Vervepics.com
  3. "The Observer Film Quarterly's best British films of the last 25 years". The Observer. August 30, 2009. Consultado o 2009-08-31. 
  4. "Festival de Cannes: Red Road". festival-cannes.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2011. Consultado o 2009-12-13. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]