Recep Tayyip Erdoğan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Recep Tayyip Erdogan»)
Recep Tayyip Erdoğan
Nacemento26 de febreiro de 1954
Lugar de nacementoKasımpaşa e Beyoğlu
NacionalidadeTurquía
RelixiónSunnismo
Alma máterMarmara University Faculty of Economics and Administrative Sciences, Escola ımam hatip e Universidade de Mármara
Ocupaciónestadista, político e economista
CónxuxeEmine Erdoğan
FillosSümeyye Erdoğan, Necmettin Bilal Erdoğan, Ahmet Burak Erdoğan e Esra Erdoğan
Coñecido porA Fairer World Is Possible
PremiosOrder of the Golden Fleece, Nishan-e-Pakistan, Order of the Golden Eagle, Order "Danaker", Heydar Aliyev Order, Prêmio Internacional Al-Gaddafi de Direitos Humanos, Premio Steiger, King Faisal International Prize in Service to Islam, Golden Plate Award, National Order of Merit, National Order of Madagascar, Order of Mubarak the Great, Medal "In Commemoration of the 1000th Anniversary of Kazan", Order of the Somali Star, Order of the Republic, honorary doctor of the Shanghai International Studies University, honorary doctor of the Moscow State Institute of International Relations, Order of the Republic, Grand Cross of the National Order of Mali, Grand Cordon of the Order of Leopold, National Order of Niger, National Order of the Lion of Senegal, Ordem Nacional do Mérito, Ordem do Libertador, honorary doctor of Marmara University, Order of Prince Yaroslav the Wise, 1st class, Premio Ig Nobel, Dostyk Order of grade I, Order of Sheikh-ul-Islam, Order of Zayed, Order of the Crown of the Realm, Order "For contribution to the development of cooperation", Order of the National Flag, Ordem de Leopoldo, Collar of Honour e National Order of the Ivory Coast
Na rede
https://www.tccb.gov.tr
IMDB: nm5724012 Facebook: RTErdogan Twitter: RTErdogan Instagram: rterdogan Telegram: RTErdogan Youtube: UCiHR69jCQX8uoH-B1tX6lzg Musicbrainz: 890e107c-25d1-4185-a0ca-cd47667da2e2 Discogs: 7159461 WikiTree: Erdoğan-11 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Recep Tayyip Erdoğan, nado en Beyoğlu (Istambul) o 26 de febreiro de 1954, é un político turco, actual Presidente de Turquía.

Anteriormente ocupou os cargos de Primeiro Ministro (de 2003 a 2014) e alcalde de Istambul (de 1994 a 1998). É o líder e fundador do Partido Xustiza e Desenvolvemento (AKP).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia descendente de inmigrantes xeorxianos orixinarios de Batum.[1] Con trece anos a súa familia mudouse desde Rize, pequena poboación na beira do mar Negro, a Istambul, onde anos despois estudou Política e Economía mentres traballaba de empregado nunha empresa de transporte e coma comerciante independente.

Política[editar | editar a fonte]

A mediados da década de 1970 adheriuse á organización de mozos do partido islamista (MSP).[2]

A súa carreira política viuse interrompida polo golpe militar de 1980 e a consecuente proscripción do seu partido, pero en 1983, retornou á actividade política dentro do Partido da Prosperidade (Refah Partisi) do antigo portavoz do MSP, Necmettin Erbakan.

Trala vitoria electoral do Refah Partisi nas eleccións municipais de Istambul, intentou dirixir a cidade por medio de parámetros islámicos, introducindo medidas como reservar lugares á parte para homes e mulleres no transporte público e as escolas.

En 1998 foi condenado a prisión tras recitar publicamente un poema de Ziya Gökalp ("as mesquitas son os nosos cuarteis, as cúpulas os nosos cascos, os minaretes as nosas baionetas e os crentes os nosos soldados").

En outono de 1998 Erdogan retirouse do partido vertu (FP)-sucesor do Refah Partisi - e pronunciouse a favor da separación entre a igrexa e o estado. En 2001 fundou o Partido Xustiza e Desenvolvemento (AKP), tomando para si a presidencia. O AKP resultou vencedor das eleccións parlamentarias de 2002, pero Erdogan debeu esperar varios meses antes de poder tomar posesión no cargo de Primeiro Ministro, debido ao antecedente carcelario.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Kimlik Değişimi!", Milliyet, 13 de decembro de 2005.
  2. "Recep Tayyip Erdogan" Arquivado 20 de decembro de 2008 en Wayback Machine., Fundación CIDOB, 4 de setembro de 2007 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]