Reboreda, Redondela
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Reboreda.
| Reboreda | |
|---|---|
| Igrexa de Santa María de Reboreda. | |
| Concello: | Redondela |
| Área: | - km² |
| Poboación: | (Ano 2010) 2.231 hab. |
| Densidade: | - hab./km² |
| Entidades de poboación: | 5 |
Santa María de Reboreda é unha parroquia que se localiza no concello de Redondela. Segundo o INE en 2010 tiña 2.231 habitantes (1.149 mulleres e 1.082 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.247 habitantes.
Índice |
[editar] Patrimonio
A igrexa parroquial de Santa María de Reboreda é do século XVIII. Nun principio constituía unha capela anexa do Pazo de Reboreda ao que aínda está unida mediante pasadizo elevado, de estilo barroco. No exterior presenta unha porta adintelada, hornacina e torre de espadana. Tamén ten un escudo coas armas dos Prego de Montaos, Soutomaior, Troncoso e Lira e os vascos Mondragón como benfeitores desta construción.
[editar] Galería de imaxes
-
Á esquerda o Pazo de Reboreda.[1] Á dereita a igrexa de S. María.
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Reboreda
| Lugares da parroquia de Reboreda no concello de Redondela (Pontevedra) | |
|---|---|
|
Asnelle de Abaixo | Asnelle de Arriba | Quintana | Santo Paio de Abaixo | Santo Paio de Arriba |
[editar] Parroquias de Redondela
| Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Redondela | |
|---|---|
|
Cabeiro (San Xoán) | Cedeira (Santo André) | Cesantes (San Pedro) | Chapela (San Fausto) | Negros (Santo Estevo) | Quintela (San Mamede) | Reboreda (Santa María) | Redondela (Santiago) | Saxamonde (San Román) | Trasmañó (San Vicente) | Ventosela (San Martiño) | Vilar de Infesta (San Martiño) | O Viso (Santa María) |
[editar] Notas
- ↑ Nel naceu Xoán Manuel Pereira a quen Otero Pedrayo inmortalizou na novela O Señorito da Revoraina