Club Balonmano Ademar León

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Reale Ademar León")
Ademar León
Nome do club Club Balonmano Ademar León
Fundado 1956
Pavillón Palacio Municipal de Deportes,
León
Capacidade 5.000
Presidente España Carlos Pollán
Entrenador España Jordi Ribera
Liga Liga ASOBAL
2007-08 4º (Liga Asobal)
Equipacións


Local


Visitante

O Club Balonmano Ademar León é un equipo de balonmán da cidade de León, Castela e León (España). Actualmente compite na Liga ASOBAL, competición que gañou na tempada 2000-01.

Dende a tempada 2008-09 o equipo pasou a chamarse Reale Ademar León por motivos de patrocinio coa empresa aseguradora Reale.

O club posúe un equipo filial, o Universidad de León Ademar, que competiu no grupo B da 1ª División Estatal ata a tempada 2009-01, na que consiguiu o ascenso á División de Honra Prata.

Historia[editar | editar a fonte]

O club foi fundado 1956 e ata 1975 xogou en divisións inferiores a causa das carencias económicas que impedían ao club ascender de categoría. En 1975 ascendeu á 1ª División Estatal.

Na tempada 1995-96 conseguíu un sexto posto que lle permitiu desputar ao ano seguinte por primeira vez na súa historia nunha competición europea, a City Cup. Na tempada 1998-99 chegaron os primeiros títulos ás vitrinas do equipo leonés coa consecución do dobrete (Copa ASOBAL e Recopa de Europa). A súa primeira e ata a data única Liga do club chegou na tempada 2000-01, e na tempada seguinte conseguía tamén a súa única Copa do Rei. Gañou o seu último título na tempada 2008-09, ao conseguír a súa segunda Copa ASOBAL en Barcelona ante o FC Barcelona por 31-25.

Plantilla 2010/2011[editar | editar a fonte]

 

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • Liga ASOBAL: 1 título
    • Campión: 2000-01
    • Subcampión: 1996-97 e 1998-99
  • Copa do Rei: 1 título
    • Campión: 2001-02
    • Subcampión: 2006-07 e 2009-2010
  • Copa ASOBAL: 2 títulos
    • Campión: 1998-99 e 2008-09
    • Subcampión: 1996-97, 1997-98, 2001-02 e 2007-08
  • Supercopa de España
    • Subcampión: 2001-02 e 2002-03
  • Recopa de Europa: 2 títulos
    • Campión: 1998-99 e 2004-05
    • Subcampión: 2000-01 e 2006-07

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]