ReNova Galiza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

ReNova Galiza
editar datos en Wikidata ]

reNOVA GALIza é unha revista editada en Cataluña polo Foro Cívico Galego de Barcelona.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Pretende ser a herdeira renovada e actualizada da tradición de publicacións galegas na emigración, neste caso en Cataluña. Unha tradición que comezou coa revista Nova Galiza, fundada en Barcelona por Castelao e Rafael Dieste en 1937. Tamén Nueva Galicia. Portavoz de los antifascistas gallegos (1936-1938) que, fundada en Madrid, chegouse a editar durante un tempo da súa andaina tamén na cidade de Barcelona.

O primeiro número da revista viu a luz no ano 2005. Posteriormente, entre os meses de xullo e setembro do ano 2006, foron presentados tanto o segundo número como o extra dedicado ós galegos e as galegos do mundo (A Galiza global).

O monográfico da revista titulado As galegas e os galegos do mundo recibiu o premio da Xunta de Galicia á mellor revista editada polas entidades galegas no exterior no ano 2007. O premio expresa o recoñecemento daqueles traballos que en diversos ámbitos culturais contribúen a un mellor coñecemento do fenómeno migratorio galego.

Equipo de redacción[editar | editar a fonte]

  • Camilo F. Valdehorras (director)
  • Suso Mon (subdirector)
  • Xavi Poza (xestor-xornalista)
  • Pablo Aguiar Fernández
  • Xosé Antón Armesto
  • Montse Cachafeiro
  • Paco Castro
  • Helena Domínguez
  • Judith Vázquez Álvarez
  • Sonia Villapol

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]