Raziel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Raziel (רזיאל) ou Galizur (גליזור)é un arcanxo dentro das ensinanzas do misticismo xudeu e da Cábala, que é o "Gardián dos Segredos" e "Anxo dos Misterios". Este anxo é asociado coa sefirá Chochmah e con Olam Briah, un dos catro mundos.[1][2] E sería o responsable de primeiro transmitir os coñecementos no que se convertería no futuro a Cabala, e eses ensinanzas serían entregadas a Adán no chamado Sefer haRaziel («libro de Raziel») ou Sefer haRaziel hamalach («libro do anxo Raziel»). Dise que o anxo pode saber todo sobre alguén, cando lle mire directamente os ollos, e que pode achegar a calquera que desexe coñecemento e sabedoría certos.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kaplan, Arieh (2002) (en portugués). Sêfer Ietsirá, o livro da Criação. p. 191-200.
  2. "Raziel - Angel Raziel" (en inglés). http://angels.about.com/od/AngelsReligiousTexts/p/Meet-Archangel-Raziel.htm. Consultado o 08-08-2012.
  3. Idel, Moshe (1989) (en inglés). Language, Torah, and hermeneutics in Abraham Abulafia. p. 152. ISBN 0-88706-831-6.