Rata da Polinesia

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

(Redirixido desde "Rattus exulans")
Rata
PolynesianRatNZ.jpg
Estado de conservación
Status iucn3.1 LC gl.svg
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Rodentia
Familia: Muridae
Xénero: Rattus
Nome científico
''Rattus rattus''
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

A rata da Polinesia, ou rata do Pacífico (Rattus exulans), coñecida polos maoríes como kiore, é a terceira especie máis expandida de rata no mundo, detrais da "rata parda" Rattus norvegicus e da "rata negra" Rattus rattus.

É orixinaria do Sudeste Asiático pero, como os seus parentes, fíxose cosmopolita en moitas illas da Polinesia, Nova Zelanda, Fidxi, Hawaii. Comparte a habilidade de adaptarse fácilmente a moitos tipos diferentes de ambientes, dende pasteiros, bosques e urbanizacións. Os seus hábitos son tamén similares, adoita convivir con humanos onde ten un fácil acceso á comida.

Índice

[editar] Características

É un mamífero nocturno como moitos roedores, e son excelentes escaladores, frecuentemente facendo os seus niños en árbores. No invierno, cando escasea o alimento, é común que remoan a corteza e os talos. Teñen as características comúns das ratas en canto a reproducción; poliéstricas con xestacións de 21-24 días, tamaño de camadas afectadas por alimento e outros recursos (6-11 pupas), voltándolles o estro ó outro mes (28 días).

[editar] Desenvolvemento físico

Esta especie da Polinesia é similar en apariencia a outras ratas como as ratas negra e parda. Ten orellas grandes redondeadas, una trompa aguzada, pelo negro/pardo cunha barriga lixeira, e comparativamente cortas patas. Corpo delgado, longo, acadando 15 cm de lonxitude do nariz á base da cola, facendoa levemente máis corta que outras ratas. En pequenas illas, tenden a ser menores de 11 cm. Distínguense por unha liña superior máis escura nas mans. O resto das patas e mans é pálido.

[editar] Dieta

R. exulans é nocturno, omnívoro: come sementes, froitas, follas, corteza, insectos, miñocas, arañas, lagartas, ovos de aves, pitos. Poden observarse frecuentemente tomando pezas de alimento e levalas a un sitio máis seguro, tanto para protexelas ou para preparalas. Protéxense así non só de predadores, se non tamén da chuvia e de outros conxéneres. Durante as "estacións de egocho" ubicanse en árbores, cerca de raíces, en fisuras de troncos, e tamén en ramas superiores. En Nova Zelanda, por ex., en tales estacións atópanse baixo pilas de rocas, ou en frondes de Rhopalostylis sapida palmas Nikau.

[editar] Ecoloxía

Está ampliamente distribuida no Pacífico e no Sudeste Asiático. Non poden nadar grandes distancias, polo que se considera unha marcadora significativa da migración humana a través do Pacífico, polos polinesios que accidental ou deliberadamente introducíronna ás illas que ocupaban. Esta especie é responsable de moitas extincións no Pacífico de aves e insectos nativos; esas especies estaban nun ecosistema con ausencia de mamíferos e tiñan mansedume de insulares facéndoos inhábiles de escapar da presión predadora de estas ratas. Suxireuse que quizáis estas ratas xogaran un rol na completa deforestación da illa de Pascua, por come-las noces da local Arecaceae palma, impidindo o rebrote da vexetación.[1]

Restos de esta rata polinésica datanse en máis de 2000 anos en Nova Zelanda. Suxireuse que chegou con tempranos exploradores que posteriormente pereceron ou deixáronas sin colonizar.


[editar] Referencias

  1. Flenley, John R. (2003) The enigmas of Easter Island
  • Modelo:IUCN2006
  • Holdaway, R.N. 1996. Arribos de ratas a Nueva Zelanda. Nature, 384, 225-226.
Ferramentas persoais