Ratatouille
A ratatouille é unha especialidade culinaria francesa, elaborada cun guisado de diversos vexetais e orixinaria da cidade de Niza aínda que tamén a encontramos na zona da Provenza. Con diferentes nomes e matices locais, existe en moitos países. Pode tomarse fría ou quente, soa ou como complemento de carnes e peixes.
Índice |
Orixe[editar]
A palabra ratatouille vén do Occitano ratatolha. Utilízase tamén na súa forma orixinaria en todas as linguas, incluíndo o inglés. A ratatouille tamén se denomina Valentine no sur da Francia e piperade en Euskadi. Elaborada con allo, olivas e cebolas, coñécese como "Bohémienne Languedocienne". A súa orixe está na área da Provenza e arredor da cidade de Niza. Orixinalmente, a palabra ratatouille refírese dende 1778 a un guisado heteroxéneo. A abreviatura rata utilízase no argot militar francés para designar unha mestura de fabas ou feixóns, patacas e legumes mesturados con talladas de carne normalmente graxenta. O "rata" é de feito un prato típico do rancho militar, sinxelo e rápido de facer.
Elaboración e consumo[editar]
A ratatouille está composta de legumes cocidos, sobre todo berenxenas, cebolas, cabazas, pementos, tomates e allo. Como en calquera receita xenérica, non hai unha composición exacta senón uns principios xerais a seren observados.
Para cociñala, hai dous métodos son posíbeis: cociñar todos os legumes ou vexetais xuntos ou realizar a súa cocción un a un primeiro e mesturalos ao remate da preparación. Os defensores da tradición provenzal como os chefes Vergé ou Gedda defende este método por partes.
A ratatouille é xeralmente servida como gornición acompañando carnes ou peixes, mais tamén pode ser servida como prato principal acompañada de arroz ou pan).
Tradicionalmente, é aconsellábel tomala con viños brancos, rosados ou tintos orixinarios da Provenza[1].
Variantes[editar]
Noutros países da área mediterránea, tamén preparan pratos similares:
- Cataluña: Samfaina
- Mallorca: Tombet
- Castela A Mancha: Pisto
- Malta: Kapunata
- Italia: Caponata
- Hungría: Lecsó
- Bulgaria: Ghiveci
- Romanía: Ghiveci
- Grecia: Briam (incluíndo patacas)
- Croacia: Đuveč (con feixón verde e arroz)
- Serbia: Đuveč (con feixón verde e arroz)
- Turquía: Imán Bayildi (presentada nunha berenxena reenchida)