Rata de auga
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A rata de auga, rata aguadeira ou aguadana (Arvicola amphibius, Arvicola terrestris, Linnaeus, 1758) é un roedor da familia Muridae[1], que á súa vez pertence á superfamilia Muroidea.
A rata de auga é un animal moi común nos ríos galegos, e tamén nos de España, Portugal e Francia. A rata de auga pesa entre 150 e 280 gramos e o seu corpo ten unha lonxitude de entre 16 e 23 centímetros máis un rabo de 12. Habita os cursos de auga nas zonas húmidas, alimentándose de plantas acuáticas. Reprodúcese entre marzo e outubro, xesta durante 21 días e ten 4 ou 5 camadas por ano con 2 a 7 crías por vez. A especie está en grave risco de desaparición pola contaminación do seu hábitat pois só habita augas limpas.